ENTREGA DE PREMIOS DO BIG CHALLENGE

O luns 5 de outubro ás 11.30 tivo lugar na biblioteca do noso centro a entrega dos galardóns aos participantes no BIG CHALLENGE 2020 no nivel de 2º da ESO. Parabéns especialmente á nosa alumna Laura García Garrido, que acadou o primeiro posto no noso centro e o quinto da provincia de Pontevedra!

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO ABALAR

A continuación presentamos o enlace ao folleto informativo de e-dixgal para as familias de 1 º e 2º de ESO. Nel poderán obter información sobre:

- O proxecto abalar
- Características do portátil
- Conexión ás redes wifis da aula e da casa
- Responsabilidade, seguro opcional, avarías...
 
 
 

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O CURSO 2020-2021

 

Convocatoria de Bolsas para o curso 2020/21

 

Xa se poden solicitar as bolsas ou axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

  • FP, Bacharelato e outros dende o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

  • Universidade (grao e master) dende o 9 de agosto ao 15 de outubro de 2020.

  • Apoio educativo dende o 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.

 

Toda a información necesaria está dispoñible no novo portal de bolsas e axudas do MEFP.

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

 

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Lembramos ás familias que para ver as notas dos seus fillos/as deben ter instalada a aplicación ABALAR (AbalarMóbil).

Moitas grazas

 

NORABOA AOS MELLORES EXPEDIENTES!

O pasado xoves, catro dos nosos alumnos/as de 2º de Bacharelato foron invitados ao acto de recoñecemento aos mellores expedientes de Galicia. Trátase de Raquel Paredes Paredes, Luzmar Cordeiro Iglesias, David Pereiro Pol e Andrea Cordeiro Portela, que non asistiu ao acto. Parabéns, sodes un orgullo, como persoas e como alumnos/as! 

TRANSPORTE ESCOLAR

 

RUTAS E HORARIOS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Para acceder á información, premer no seguinte enlace: RUTAS

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer