Skip to Content

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2019

Do 25 ao 29 de marzo ten lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, teñen a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charlas e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas son algunhas das actividades que se están a desenvolver:

-Saída ao Dolmen de Dombate e Castro de Borneiro para 1º ESO, onde ademais participaron nun obradoiro.

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO.

-Visita a 2 empresas no Polígono de Sabón (Arteixo) para 1º ESO.

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída ás Torres do Allo para 2º ESO onde ademais participaron nun obradoiro

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, c.oncerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Charlas a cargo do CIM sobre igualdade para 1º ESO.

-Charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

 -Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Charlas da Asociación de Amigos de Galicia sobre igualdade e voluntariado para diferentes nivéis da ESO.

-Charla da Asociación Adega para 2º e 3º ESO sobre especies invasoras e posterior saída pola contorna.

-Charla APEM do programa "Descubre" sobre saude mental e consumo de drogas para 3º ESO.

-Charlas/obradoiros do Proxecto Medioambiental CONCIENCIA para 2º ESO.

-Obradoiro da Fundación Mapfre para 2º ESO.

-Obradoiros de actividades deportivas da profesora Jessica Blanco para 1º e 2º ESO

-Obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para 1º ESO.

-Obradoiro de construcción dun reloxo solar para 2º e 3º ESO.

-Obradoiro "Querote" sobre consumo de alcohol para 3º ESO.

-Obradoiros e charlas dos profesores/as e alumnos/as do CAE do centro aos alumnos da ESO.

-Diversas conferencias/obradoiros literarios a cargo de autores galegos como Lois Pérez e Carlos Negro.

 -Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Etc.

O noso club de lectura nos Encontros do PLAMBE

O club de lectura do IES Agra de Raíces foi seleccionado para participar nunha mesa de experiencias nos Encontros de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.  A nosa compañeira, Mercedes Teijeiro, responsable do club de lectura "Libros Coma Area!" Representou ó noso centro e compartiu experiencias con profesorado de toda Galicia.

Na imaxe, a responsable do Club de Lectura Mercedes Teijeiro e a dinamizadora da 

Biblioteca Silvia Flores.

Isabel Touriñán Canosa, 1º premio na modalidade de fotografía do concurso "Pola Igualdade 2018"

A alumna de 4º ESO do IES Agra de Raíces de Cee, Isabel Touriñán Canosa, ven de recibir o 1º premio na modalidade de fotografía do concurso "Pola Igualdade 2018", coa fotografía titulada "Aghuas de mel". A entrega do premio tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela.
Este concurso artístico, difundido a todos os centros de Educación Secundaria, está organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio de Psicoloxía de Galicia. O obxectivo do concurso é concienciar ao alumnado da ESO, das desigualdades existentes entre os distintos xéneros e promover a reflexión e a promoción da igualdade en calqueira dos ámbitos da vida.

Parabéns Isabel! desde a Costa da Morte hai moito que dicir!.

 

PREMATRÍCULA 2019-20

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de prematrícula para ESO e Bacharelato. Haberá que entregar o impreso cumprimentado na Secretaría. Pódense descargar dende aquí.

LISTAXE DO ALUMNADO CON SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-2020

Publicamos a listaxe do alumnado dos centros adscritos ao IES Agra de Raíces que presentaron solicitude de admisión para o curso 2019-2020. Pódese consultar no arquivo adxunto.

Procedemento de reserva de praza en centros adscritos e solicitude de admisión para o curso 2019/20

Xa está aberto o prazo de reserva de praza en centros adscritos que será do 1 ao 15 de febreiro. Polo tanto, o alumnado dos centros adscritos ao Ies Agra de Raíces que vaia cursar 1º da ESO ou 1º de BACHARELATO no vindeiro curso, deberá realizar entre esas datas a súa solicitude de reserva de praza no seu centro educativo de orixe, en calquera das administracións públicas que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro ou a través da sede electrónica para o que se precisará neste caso chave 365 ou certificado dixital.

Deberán entregar ademais, debidamente cumprimentado, o impreso de prematrícula do noso centro que lles será facilitado no centro de orixe ou que poden tamén descargar dende aquí.

PROBA DE ACCESO A CICLO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as probas de acceso a ciclo superior de formaciòn profesional entre os días 28 de xaneiro a 8 de febreiro. Podedes ampliar a información consultando o arquivo adxunto.

EXAMES THAT´S ENGLISH

As datas dos exames de febreiro de That´s English serán os seguintes días:

-Módulo 3: exame escrito, 5 de febreiro.

-Módulo 3: exame oral, 8 de febreiro.

 

-Módulos 5 e 6: exame escrito, 5 de febreiro.

-Módulos 5 e 6: exame oral, 12 de febreiro.

NOTA INFORMATIVA SOBRE O REMATE DAS CLASES

Informamos que o día 21 de decembro (día de entrega das notas), as clases rematarán as 12:05 horas e haberá transporte escolar axustado a este horario.

Durante as vacacións de nadal (22 de decembro - 7 de xaneiro) o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

                                                                                  A Dirección.

CONCURSO CLUB DE LECTURA

O club de lectura do centro, Libros Coma Area!, organiza un corcurso na procura dun logotipo. Consulta as bases no blog http://libroscomaarea.blogspot.com/ ou premendo aquí e participa.

Distribuir contido


by Dr. Radut