Skip to Content

AXENDA DE ACTOS DO FIN DE CURSO

Axenda de actos académicos/culturáis do fin de curso.

-15 de xuño: Acto de Gradación dos alumnos de 2º Bacharelato e do CAE (Ciclo Auxiliar de Enfermería), ás 19:00 h no Auditorio Baldomero Cores na Casa da Cultura de Cee. No acto, ademais de entregar os correspondentes diplomas aos alumnos que rematan os seus estudos no centro, teremos diferentes proxeccións audivisuales producidas polo propio alumnado, actuacións musicais en directo por parte dos propios alumnos, tanto de música pop como de música tradicional, actuacións de baile, etc.

  -21 de xuño: Recital de fin de curso cun breve concerto do alumnado de Música de 4º ESO e a actuación estelar do xograr contemporáneo Crispin de Olot, na que poderemos gozar, entre outras cousas, da interpretación de pezas musicais con instrumentos medievais e renacentistas.

  -26 de xuño: Acto de Entrega de Premios aos Mellores Expedientes e a Entrega de Premios do Concurso Lóxico-Matemático, coa presenza dalgún dos patrocinadores e a entrega de premios aos alumnos correspondentes. Tamén contaremos con algunha actuación musical.

MATRÍCULA 2018-19

A partir do 27 de xuño comeza o prazo de matrícula para o curso 2018-19. Pódense consultar os días asignados a cada curso e a documentación que hai que achegar aquí. Tamén pódense descargar os impresos de matrícula por curso.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Prazo: remata o 22 de xuño de 2018 (incluído)

Para consultar a orde (co impreso de solicitude) preme aquí.

Para consultar as instrucións resumidas de como facer a solicitude consulte o arquivo adxunto.

CLASES DE REPASO ABAU 2º DE BACH.

A partir do xoves 24 de maio e ata o mércores 6 de xuño haberá clases de repaso para o alumnado de 2º de Bacharelato para preparar as ABAU. Pódese consultar aquí o calendario.

A SEMANA CULTURAL RAÍCES 2018 EN IMAXES

Estás son algunhas das imaxes que nos deixóu a recentemente celebrada Semana Cultural do centro.

Viaxe a Celanova (3º ESO) para visitar o Mosteiro de S. Salvador e o seu órgano histórico, a Capela de S. Miguel e a Casa dos Poetas.

 

Saída ao Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo (1º ESO)

 

Obradoiros científicos do CICA (3º ESO)

 

Teatro en inglés (toda a ESO)

 

 

VIAXE A ROMA DOS ALUMNOS DE 4º ESO

Recentemente, 40 alumnas e alumnos de 4º ESO do noso centro tiveron a oportunidadede visitar a cidade eterna: Roma.  Entre o 9 e o 13 de abril, acompañados dos profesores Fernando Casanova, Esperanza Videla e Mar Capelo, poideron deleitarse cas visitas a lugares tan emblemáticos como a Basílica de S. Pedro, os Museos Vaticanos, o Panteón de Agripa, a Fontana di Trevi, o Foro romano e tantas outra maravillas da capital italiana.  Grazas a todos, alumnos e profesores, pola vosa colaboración.

Na foto podemos veor ao grupo fronte o Panteón de Agripa.

VIAXE DE INTERCAMBIO DE FRANCÉS COS ALUMNOS DE REDON

 

A semana pasada un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO e 1º Bach. do IES Agra de Raíces de Cee trasladáronse á cidade de Redon, debido a un intercambio que o centro de Cee mantén este curso co Lycée Saint-Sauveur de Redon na Bretaña francesa.  Estiveron do 3 ao 10 de abril, onde ademais de asistir á clase realizaron distintas actividades e saídas que lles permitiu coñecer cidades como Rennes ou Mont-Saint-Michel. A experiencia, que eles consideraron satisfactoria, permitiulles perfeccionar a lingua francesa.

Agora tócalles aos estudantes franceses coñecer Cee. Así pois, durante unha semana recibirán clases, asistirán a charlas e obradoiros e farán un percorrido pola Costa da Morte, ademais, de visitar cidades como Santiago, a Coruña ou Pontevedra.

 Na foto, os alumnos ceenses e bretóns no castelo de Saint-Michel na Bretaña Francesa.

 

 

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2018

Do 9 ao 13 de abril, tivo lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, tiveron a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charla e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas foron algunhas das actividades desenvoltas:

-Saída ao Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo para 1º ESO

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída á Casa da Cultura de Cee á representación teatral "Leonardo e os fontaneiros" para 1º e 2º ESO.

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, concerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Saida ao Teatro Colón de Coruña para asistir á representación da obra "Cráneos Privilexiados" para 2º e 3º ESO.

-Diversas charlas a cargo do CIM e da Policía autonómica sobre violencia de xénero, ciberviolencia de xénero, ciberbulling para ESO e Bacharelato.

-Charla da Garda Civil (SEPRONA) sobre a prevención de incendios e coidado do entorno natural e charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

-Charlas da empresa DAFIT para 1º ESO e 1º BACH sobre iniciativas emprendedoras.

-Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Diversas conferencias literarias a cargo de autores galegos (Antía Yáñez, Hector Cajaraville, Xosé Lóis Ripalda, Miguel Anxo Fernández) para os diferentes nivéis.

-Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Obradoiros de actividades deportivas con DAFIT para 1º ESO.

-Obradoiros sobre ciberviolencia de xénero, obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para toda a ESO.

-Obradoiros e charlas dos profesores/as e alumnos/as do CAE do centro aos alumnos da ESO.

-Instalación da Exposición “Cartas de Amor” sobre violencia de xénero no corredor da Biblioteca e obradoiro sobre a mesma para toda a ESO.

-Etc.

 

OS ALUMNOS DE 2º BACH DE PSICOLOXÍA E HISTORIA DA ARTE EN VIENA

O pasado mes de xaneiro, varios alumnos do noso centro das optativas de Psicoloxía e Hª da Arte tiveron a oportunidade de viaxar a Viena cos profesores Luis Dosal (Filosofía) e Pedro Márquez (Matemáticas), donde poideron disfrutar da cidade así como visitar o Museo Freud, o Museo das Matemáticas o a casa natal de Beethoven.  Gracias aos profesores pola súa labor e aos alumnos polo seu comportamento exemplar.

 

 

PREMATRÍCULA 2018-19

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de prematrícula para ESO e Bacharelato. Haberá que entregar o impreso cumprimentado na Secretaría do centro. Pódense descargar desde aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut