Skip to Content

RECEPCIÓN DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO

O luns 15 de outubro ás 18:15 horas terá lugar a acollida e recepción dos pais e nais do alumnado da ESO por parte do equipo directivo no Salón de Actos do instituto. Seguidamente realizarase a presentación dos titores dos diferentes grupos. Convidámosvos a asistir para colaborar entre todos no mellor funcionamento do centro educativo.

THAT´S ENGLISH: COMEZO DAS CLASES E MATRÍCULA ABERTA

Informamos a tódolos interesados que, durante a próxima semana (a primeira de outubro) terá lugar o comezo das clases para os alumnos matriculados no programa THAT´S ENGLISH.  En calquera caso, a matrícula segue aberta ata o día 22 de outubro.

HORARIO DE RECOLLIDA DOS VALES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

A Dirección do centro informa que, nas seguintes xornadas, o horario de recollida dos vales de axudas para a adquisición de material escolar dos alumnos/as que realizaron as probas extraordinarias de setembro será de 10:30 a 12:00h.  Grazas pola súa colaboración.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar na aplicación fondo de libros da Xunta (cidadáns) ou nos arquivos adxuntos, as listaxes de alumnos/as admitidos e excluídos do fondo solidario de libros para o curso 2018-19.

Os libros repartiranse ao longo do mes de setembro. Os libros que non aparecen asignados son, nun principio(consultar co profesor da materia) os que deberán adquirir a maiores.

A partir do vindeiro martes, día 18 de setembro, pódense recoller os vales de axudas para a adquisición de material escolar dos alumnos/as que realizaron as probas extraordinarias de setembro.

PRESENTACIÓN DO CURSO 2018/2019 E INICIO DAS CLASES

O alumnado terá a presentación do novo curso escolar o lúns día 17 en horario de 11:30h a 12:30h.  Haberá autobuses dende as paradas correspondentes.

 

Os titores dos diferentes grupos recibirán os alumnos nas seguintes zonas, donde estarán expostas as listaxes dos diferentes grupos:

-1º e 2º ESO na porta principal do centro.

-3º e 4º ESO na porta de entrada ao corredor da cafetería (zona ximnasio).

-BACH e CICLO na porta de entrada ao corredor da cafetería (zona patio traseiro/instituto vello).

O martes 18 de setembro, as clases xa serán no horario habitual de 8:30h a 14:05h.

AVISO EN RELACIÓN COA CAFETERÍA ESCOLAR PARA O INICIO DO CURSO

Informamos a toda a comunidade educativa que, por motivos administrativos relacionados cos prazos da adxudicación da cafetería escolar para o novo curso, esta permanecerá pechada ata novo aviso.  Por iso, é conveniente que o alumnado, ata a reapertura da cafetería, traia a comida e bebida que considere necesaria para os períodos de lecer.

Grazas e desculpen as molestias.

THAT'S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico(A2) ou Medio(B1) do programa "That's English" que se imparte no noso centro, que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 22 de outubro de 2018.

Tamén queremos informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Se elixe esta modalidade telemática deberá inscribirse a través da páxina web de That's English (www.thatsenglish.com) cubrindo os datos solicitados. Poderá optar por realizar o pago en liña (TPV virtual ou Paypal) ou na entidade bancaria establecida para tal fin.

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

Pódense consultar aquí as datas de entrega de notas e matrícula de setembro. Lembramos tamén que durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado. Calquera comunicación urxente pódese facer a través do correo ies.agra.raices@edu.xunta.es

Os que non recolleron aínda os vales de axuda para material escolar poderán facelo na Secretaría do centro a partir do 1 de setembro.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

Este é o calendario de exames de setembro do curso 2017-18 para todos aqueles alumnos que non superaron o curso en xuño.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-19

No arquivo adxunto poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut