Skip to Content

AVISO EN RELACIÓN COA CAFETERÍA ESCOLAR PARA O INICIO DO CURSO

Informamos a toda a comunidade educativa que, por motivos administrativos relacionados cos prazos da adxudicación da cafetería escolar para o novo curso, esta permanecerá pechada ata novo aviso.  Por iso, é conveniente que o alumnado, ata a reapertura da cafetería, traia a comida e bebida que considere necesaria para os períodos de lecer.

Grazas e desculpen as molestias.

THAT'S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico(A2) ou Medio(B1) do programa "That's English" que se imparte no noso centro, que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 22 de outubro de 2018.

Tamén queremos informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Se elixe esta modalidade telemática deberá inscribirse a través da páxina web de That's English (www.thatsenglish.com) cubrindo os datos solicitados. Poderá optar por realizar o pago en liña (TPV virtual ou Paypal) ou na entidade bancaria establecida para tal fin.

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

Pódense consultar aquí as datas de entrega de notas e matrícula de setembro. Lembramos tamén que durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado. Calquera comunicación urxente pódese facer a través do correo ies.agra.raices@edu.xunta.es

Os que non recolleron aínda os vales de axuda para material escolar poderán facelo na Secretaría do centro a partir do 1 de setembro.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

Este é o calendario de exames de setembro do curso 2017-18 para todos aqueles alumnos que non superaron o curso en xuño.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-19

No arquivo adxunto poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso escolar.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA

Informamos que xa contamos coas listaxes de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto da Xunta e axudas para a adquisición de material escolar. Poden consultar a resolución no taboleiro de anuncios do centro e nos arquivos que achegamos.

Os alumno/as admitidos no fondo de libros que solicitaron os vales para a adquisición de material escolar, xa poden pasar a recollelos (sempre en cando no aparezan na listaxe de excluídos das axudas para a adquisición de material escolar) .Os vales entregaranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumno/as.

 

TARXETAS ABAU

Xa chegaron ao instituto as tarxetas das ABAU. O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobou pode pasar a recollelas.

HORARIO DE VERÁN

Durante o mes de xullo o instituto permanecerá aberto ao público de 09:30 a 13:30 horas. No mes de agosto estará pechado polo cal, para calquer aviso urxente, comunicalo a través do correo electrónico ies.agra.raices@edu.xunta.es

Feliz verán a toda a comunidade educativa.

PREMIOS MELLORES EXPEDIENTES 2017/2018

O pasado día 26, despóis da entrega de notas ao alumnado, o centro tivo o placer de levar a cabo o acto de entrega de Premios aos Mellores Expedientes do Curso 2017/2018 no salón de actos.  No mesmo, 4 alumn@s da ESO e 1 de Bacharelato recibiron un merecido homenaxe pola súa traxectoria al longo de curso que acabamos de rematar.  Ademáis do correspondente diploma, os alumnos recibirón tamén uns vales por xentileza dos establecementos e empresas colaboradoras (E.S. Bazarra, Copistería Fersi, Ler Librerías, Librería Mestura y Cabo Sport) as cales lles queremos agradecer a súa boa disposición na dotación dos premios. O acto contou cas actuacións musicáis de Alexandra Suárez y Alberto Pérez (voz e piano) que interpretaron dous fermosos temas; e a intervención a solo de gaita da nosa recén graduada Irene González Costa, que volveu a deleitarnos coa súa sensibilidade interpretativa.

Os premiados deste curso foron:

1º ESO: Lucía López Ovies

2º ESO: Mateo Pérez Soto

3º ESO: Alejandro Leis Trillo

4º ESO: Andrea Rodríguez Mouzo

1º BACH: Paula Trinidad Leo.

Parabéns a todos eles!

Ao final do acto, tamén se fixo entrega a os gañadores do concurso de Lóxica Matemática organizados ao longo do ano polo departamento de Matemáticas.

Tódolos premiados posando có seu diploma

 

 

 Alberto y Alexandra en plena interpretación

 

 

Un "Guernica" especial para o Raíces

Se fai uns días falábamos do cambio de imaxe da antrada ao noso edificio principal coa instalación duns fragmentos en color da obra picassiana, hoxe, mostrámos outra versión a tamaño prácticamente real, conformada por 21 panéis de madeira e con unha lonxitude de 7 metros.  A labor, neste caso monitorizada pola profesora Carmen Senande, foi levada a cabo por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e ten unha estética policromática pero moito máis atenuada, recordando máis á obra orixinal.  A ubicación nunha das fachadas do antiguo Raíces, na zona exterior do salón de actos, permite dignificar a antigua edificación ademáis de unha integración estética e espacial cas partes máis novas do noso centro.  Un traballo artísitico excepcional digno de admirar.  Grazas ás profesoras e os alumnos de debuxo que, nestes últimos días, agasalláronos con dous traballos realmente impresionantes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut