Skip to Content

Matrícula That´s English curso 2022-2023

Informamos de que está aberto o prazo de matrícula para os cursos That´s English.

A matrícula para este curso débese facer na seguinte ligazón.

No noso centro impartiranse os módulos A2 e B2 no seguinte horario:

  • A2.2   martes de 12.25 a 13:15 e mércores de 10:25 a 11:15
  • B2.1   xoves de 11:15 a 12:05  e venres de 9:20 a 10:10

 

IMPORTANTE: AS CLASES DARÁN COMENZO O MARTES 11 DE OUTUBRO NA BIBLIOTECA DO CENTRO

CALENDARIO ESCOLAR 22-23

Adxuntamos o calendario escolar para este ano académico 2022-2023. 

CALENDARIO ESCOLAR 22-23

TITORÍAS

Na seguinte tabla aparecen os/as titores/as do curso 2023-24,

así como a hora de anteción a nais, pais ou titores legais.

Para falar cos/coas titores/as lembrade que hai que pedir cita previa.

 


 

Recepción de pais, nais e titores legais do alumnado da ESO

O próximo LUNS, 26 de setembro ás 18:15 horas terá lugar a acollida e recepción dos pais, nais e titores legais do alumnado da ESO por parte do equipo directivo no Salón de Actos do instituto. Seguidamente realizarase a presentación dos titores dos diferentes grupos nas aulas de referencia dos vosos fillos/as ou titorandos. Convidámosvos a asistir para colaborar entre todos no mellor funcionamento do centro educativo.

Inicio curso 2022/2023

O xoves día 8 de setembro iniciarase o curso escolar 2022-2023 para a ESO e Bacharelato en horario habitual de 08:30 a 14:05.

Para o ciclo comezará o venres día 9 co horario habitual de 08:30 a 14:05.

O servizo de autobuses estará dispoñible.

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado ata setembro

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado dende o día 29/07/2022 ata o fin do mes de agosto. Soamente se atenderán urxencias a través do correo electrónico do centro: ies.agra.raices@edu.xunta.gal

AVISO URXENTE AO PROFESORADO DO CADP CON DESTINO NO IES AGRA DE RAICES DE CEE

Pregamos ao profesorado do CADP con destino no Ies Agra de Raíces,  se poñan en contacto con nós, tan pronto sexa publicada a resolución definitiva do concurso, a través do correo electrónico do centro : ies.agra.raices@edu.xunta.es .

A nosa intención é realizar o claustro da distribución horaria  por departamentos o día 1 de setembro, pero para iso necesitamos os vosos correos electrónicos e así,convocarvos. Tendo en conta que este ano o curso iníciase antes, necesitamos tempo para realizar os horarios (o cal é imposible sen ter o reparto de horas).

Moitas grazas pola vosa comprensión.

Bo verán :-)

LIBROS DE TEXTO 22-23

Xuntamos a relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-23. Lembramos que na ESO non haberá libros de texto, agás os cadernos de traballo das linguas estranxeiras.

 

Recollida dos vales para a adquisición de material para o curso 2022-23

Xa están a disposición da comunidade educativa do centro as listaxes de admitidos e excluídos para a obtención dos vales destinados á adquisición de material escolar. Poden consultarse no taboleiro de anuncios do instituto ou chamando por teléfono ao centro.

Ditos vales entregaranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumnos/as, desde o 7 de xullo ao 22 de xullo (ámbolos dous incluídos), en horario de 10h a 13h.

En setembro abrirase un novo prazo para as persoas que non puidesen recollelos durante o mes de xullo. Será do 2 ao 7 de setembro, en horario de 10h a 13 h.

Unha vez comezado o curso , deberán concertar cita previa para a recollida.

Plan Dixital do IES Agra de Raíces

Ao longo deste curso pasado 2021/2022 foise elaborando o Plan Dixital do noso centro, que é unha nova ferramenta para mellorar o noso funcionamento.

Agora xa se pode consultar na nosa web en O NOSO CENTRO/ Marco legal xunto a outros documentos relativos ao funcionamento do centro, ou pinchando no enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut