Skip to Content

SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O noso centro foi un dos que colaborou co Centro de Información a Muller do Concello de Cee  en SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Trátase dunha Campaña de concienciación e prevención para a eliminación da violencia de xénero, unha campaña integral xa que conta coa participación de diferentes colectivos de persoas participantes, (alumnado dos centros educativos, equipos deportivos, escola de teatro, centro social...), a realizamos en diferentes formatos (vídeo, audio coas cuñas de radio, deseño gráfico para RR.SS, banner en medios de comunicación...) e está dispoñible en diferentes plataformas.

Buscando promover e dinamizar a participación cidadá, que toda persoa que queira poida ser protagonista desta campaña, sobre todo dirixida a implicar a xente moza, creando un produto co que eles e elas están moi familiarizados,un FILTRO DE INSTAGRAM que chamamos #senfiltroscontraaviolenciadexénero.

O filtro xa está dispoñible e listo para usa polas persoas que o desexen. Tan só haberá que entrar na Rede Social Instagram e buscar nos filtros de Instagram #senfiltros e xa aparecerá a imaxe que xuntamos. O aspecto do filtro é o que enviamos. Tamén sería interesante que escribiran o Hashtag da campaña na Stories. #senfiltroscontraaviolenciadexénero

 

Charla "Para educar ben fai falla unha boa tribu", Nélida Zaítegi

A ANPA do IES Agra de Raíces e o Cefore organizan unha charla para o día 18 de novembro ás 16:30 na Biblioteca do centro,impartida por Nélida Zaítegi, co título Para educar ben fai falla unha boa tribu. Este coloquio vai dirixido aos pais/nais e docentes da nosa comunidade educativa.
Xuntamos o cartaz promocional.

Falecemento de Jesús Garea, antigo director do IES Agra de Raíces

O IES Agra de Raíces lamenta o pasamento de Jesús Garea, profesor de Matemáticas e antigo director e xefe de estudos do centro durante moitos anos. Jesús desenvolveu boa parte da súa vida laboral no noso centro e converteuse nunha figura de referencia nel. Os seus compañeiros/as lamentan profundamente a súa perda e recordan con agradecemento e agarimo o tempo compartido con el no IES Agra de Raíces.

Recoñecemento a Mateo Pérez pola súa partipación en "Leer. Iberoamérica lee"

O pasado venres, 5 de novembro, o alumno Mateo Pérez Soto (2º BAC A) recibiu de mans da súa titora, Ana Salanguera Busto, un agasallo do IES Agra de Raíces en recoñecemento á súa extraordinaria intervención no seminario internacional "Leer. Iberoamérica Lee", que se celebrou os días 21 e 22 de setembro en Madrid.

Mateo participou no coloquio, xunto con outros/as compañeiros/as de distintos países, en calidade de representante dos clubs de lectura de España, poñendo de manifesto a súa opinión e experiencia sobre as lecturas e os lectores que o movemento emerxente dos círculos de lectura está a promover.

O IES Agra de Raíces desexa expresar os seus máis sinceros parabéns a Mateo pola brillantez e a madurez coas que participou nun evento destas dimensións, así como o seu agradecemento por representar o labor do noso centro no tocante á iniciativa literaria impulsada polo club de lectura “Libro coma area!"

Grazas, Mateo!

Conferencia "MINDFULNESS E REGULACIÓN EMOCIONAL"

Dentro do Programa Educativo Cultural O Mes da Fundación, organizado como tódolos meses de outubro pola Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, o alumnado de 4º da ESO asistiu a unha conferencia.

Trátase dunha charla impartida polos psicólogos Juan Carlos Permuy e Belén Montesa que leva por título "Mindfulness e regulación emocional" que tivo lugar o venres 29 de outubro, ás 11:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Cee.

Helena López, antiga alumna do IES Agra de Raíces, na élite científica galega

Helena López, antiga alumna do IES Agra de Raíces, acaba de converterse na primeira muller hacker que ocupa este posto na súa empresa. O seu traballo consiste en detectar brechas de seguridade en distintas webs e plataformas dixitais. Helena compatibiliza, na actualidade, os seus estudos de Enxeñaría Informática co desempeño desta actividade profesional con grande éxito. Podedes acceder á seguinte ligazón para ler o artigo completo de La Voz de Galicia, adicado ás novas xeracións de mulleres galegas que conforman a élite científica: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2021/10/16/unica-carrera-quiso-hacker/0003_202110SY16P2991.htm

Parabéns, Helena!

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2021-22

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional, e Innovación educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG. 29/09/2021), realizarase proximamente neste centro a renovación parcial dos membros do Consello Escolar. Corresponde a este curso renovar dous alumnos/as, un pai/nai ou titor/a legal, cinco profesores/as e un PAS.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

-A directora do centro.

-Un profesor/a.

-Un pai/nai ou titor legal.

-Un representante do persoal de administración e servizos (PAS).

-Un alumno/a.

Os catro serán designados por sorteo, segundo establece o Artigo 30 do Decreto 92/1998, do 28 de abril, conforme ao establecido na disposición adicional 1ª do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, (DOG. do 9 de agosto). Dito sorteo será público e terá lugar na Sala de profesores/as do centro o día 27 de outubro ás 10:10 h.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

A directora

María Belén Pais Lago

 

Comezo das clases correspondentes ao That´s English no curso 2021-22

O martes, 2 de novembro, comezarán de maneira presencial as clases correspondentes aos niveis A2 e B2 do programa That´s English no IES Agra de Raíces. 

As sesións relativas ao A2 celebraranse os mércores e venres, de 09.20h a 10.10h., e as do B2 terán lugar os martes, de 10.25h a 12.05h.

 

Documentación de interese sobre a COVID-19 (curso 2021-22)

A continuación, xúntase a relación de documentos de interese sobre a COVID-19, actualizados para o curso 2021-22:

 

Medalla de ouro en GaliciaSkills para unha alumna do IES Agra de Raíces

A alumna Andrea Castreje Canosa foi a campioa da especialidade de Coidades Auxiliares de Enfermaría e Atención Sociosanitaria no certame GaliciaSkills 2021, celebrado o pasado venres no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela. 

Este galardón permitirá que a alumna represente á Comunidade Autónoma de Galicia na olimpíada SpainSkills, que terá lugar proximamente. 

Desde o IES Agra de Raíces, queremos transmitir os nosos parabéns tanto á alumna, como as profesoras Eva Trasmonte Castiñeira e Estela Gómez Canabal.

Distribuir contido


by Dr. Radut