Skip to Content

In Memoriam

  "Eu son BALBINO. Un rapaz de aldea. Como quen di,

   un ninguén. E ademais, pobre"

   Memorias dun neno labrego.

   Xosé Neira Vilas.

   Enlace a Biblioraíces.

Un minuto de silencio

A comunidade educativa do IES Agra de Raíces quixo ofrecer esta mañá unha pequena homenaxe en recordo das vítimas dos atentados do venres 13 de Novembro en París. Así, ás 12:00h concentrouse todo o persoal e alumnado no patio do centro gardando un minuto de silencio. Ademais durante todo o día puidose ler esta bonita mensaxe na pantalla do corredor elaborada polo Departamento de francés do centro.

Renovación do proxecto educativo "Natación na escola"

Esta pasada semana vense de asinar outro curso máis o proxecto educativo "Natación na escola" que permite aos alumnos e alumnas de 4º de ESO acudir á piscina nun trimestre do curso na materia de Educación Física. Neste proxecto colabora a empresa concesionaria da piscina, o concello de Cee, a empresa Ferroatlántica e cada centro educativo.

A Comunidade Educativa do IES Agra de Raíces expresamos aquí os nosos agradecementos ó concello e ás empresas colaboradoras por facer posible este proxecto desexando que siga tendo continuidade cada ano escolar.

Na prensa.

Recepción das familias

Este luns 19 de outubro terá lugar a recepción de pais e nais dos alumnos/as da ESO no salón de actos do instituto.  A continuación acudirán ás aulas cos titores do grupo correspondente. A demora na data de celebración débese a que os titores precisan un tempo para adquirir un maior coñecemento do alumnado e así poder tratar os temas do grupo con maior fluidez.

                                         

 

 

Problemas de lóxica e enxeño

Anímate a participar no concurso de problemas de lóxica e enxeño organizado

polo Dpto de Matemáticas!!!

Procura información na seguinte ligazón.

Aberto o prazo de matrícula para That's English

  Esta aberto ata o 30 de outubro o prazo de matrícula para acceder aos cursos de That's English que oferta o noso centro.

Vales para a adquisición de material escolar

A partires do luns 5 de outubro xa se poden recoller os vales para a adquisición de material escolar. Pasar por secretaría.

Actualizando

Nestes días iremos actualizando as pestanas de titores, profesores e documentos para que teñades acceso dende a rede e así usar esta páxina como taboleiro informativo do centro.

ANUNCIO de última hora

Os alumnos/as de 1º e 3º de ESO que repiten poder solicitar o vale para a compra de libros antes do 1 de outubro. Recoller formulario e información na secretaría do centro.

O IES AGRA DE RAÍCES, NOVA SEDE PARA AS PROBAS DELF

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, resolveu autorizar a celebración das probas de nivel B1 e A2 de lingua francesa emitido polo Goberno Francés no IES Agra de Raíces de Cee.  Máis información sobre o DELF

Distribuir contido


by Dr. Radut