Skip to Content

Calendario de exames de setembro

Para poder ver o calendario de exames  de setembro  debe premer na seguinte ligazón: Ver exames

Fondo solidario de libros de texto curso 2017/18

Xa contamos ca listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo de libros de texto para o próximo curso. Os interesados poden preguntar vía telefónica ou achegarse ao centro para comprobar o seu estado.

 

Axudas para a adquisición do material escolar.

A partires do mércores 12 de xuño, as familias que solicitaron a axuda de material escolar poden achegarse ao centro, en horario de 9:30 a 13:00, para consultar a listaxe de admitidos e recoller o vale correspondente.

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Para ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18 pica aquí.

NOTA: Informamos que o centro dispón no seu Fondo de Libros de exemplares suficientes para algunhas materias. Prégase consultar ao centro antes de encargar/mercar  os libros nas librarías

Publicado o calendario de admisión a ciclos de Formación Profesional para o curso 2017-2018

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día 26 de xuño ata o día 4 de xullo ás 13:00 horas.

Pendente de publicarse no portal da FP a convocatoria ,así como a oferta de ciclos actualizada.

Ver calendario completo.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017/18

MATRÍCULA E.S.O. E BACHARELATO

CURSO 2017 – 2018

(ALUMNOS/AS CON TODAS AS MATERIAS APROBADAS EN XUÑO)

DATAS DE MATRÍCULA PREFERENTES:

 1º de ESO: 26 e 27 de xuño

2º de ESO: 28 de xuño

3º de ESO: 29 de xuño

4º de ESO: 30  de xuño

1º de BACH: 3 de xullo

2º de BACH: 4 e 5 de xullo

En caso de que por causas excepcionais, algún alumno/a non puidese matricularse nas datas establecidas anteriormente, terá de prazo para facelo ata o 10 de xullo.

NOTA: Os alumnos e alumnas que a pesar de suspender algunha materia en xuño pero que promocionan ao curso vindeiro (xa sexa porque están repetindo ou porque suspenden unha ou dúas materias) deberán pasar polo centro os días 6 e 7 de xullo para cubrir o impreso de matrícula e indicarnos que materias queren cursar o vindeiro curso(o resto dos trámites da matrícula realizaranse en setembro despois dos exames extraordinarios)

 HORARIO: DE 9:30 h A 13:00 h

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTRO) 

- FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS

- FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA

- SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS)

- 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ

Concurso para a contratación do servizo de cafetería do centro

A instrución 7/2017 do 30 de Maio de 2017 regula a contratación do servizo de xestión da cafetería dos centros docentes non universitarios dependentes da consellería de educación. Segundo isto, se alguén está interesado en facerse cargo deste servizo de cafetería pode ver as bases na seguinte ligazón: instrucións para contratación da cafetería.

Sinalar como punto relevante o apartado 1.3 destas instrucións onde se reflicte que: o prazo de duración non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga, polo que a citada contratación realizarase polo curso 2017/18.

O prazo de presentación de propostas será dende o 14 ao 21 de xuño, ambos os dous inclusive.

ESTABLECEMENTO DO CANON MÍNIMO

1.1. Horario diario primeiras 4 horas. Cada hora ou fracción por 40 €

4x40 =160€

1.2. Cada hora a partir da 5ª hora multiplicarase por 10€

2,4x10=24€

1.3. Usuarios: alumnado matriculado, profesorado e persoal non docente(multiplicarase por 0,40)

(400 alumnos/as+40 profesores+3 P. Non docente)x0,40=444 x0,40 =177,2 €

TOTAL CANÓN MÍNIMO ESIXIBLE= 160+24+177,2= 361,2 €

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

                                                                    - Inventario Cafetería

                                                                    - Especificacións técnicas

Convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17.

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTES AO CURSO 2016/2017. Orde do 23 de maio de 2017. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, do día 8 de xuño de 2017 e rematará o día 7 de xullo de 2017. Vai dirixido a aqueles alumnos/as que teñan obtido no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota igual ou superior a 9.

Para máis información prema aquí: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170607_premios_eso.pdf

HISTORIALES ACADÉMICOS DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

HISTORIALES ACADÉMICOS  DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato que superou o curso na convocatoria ordinaria de maio, pode pasar pola administración do centro a partir do xoves 01 de xuño a recoller o seu historial académico.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Prazo: remata o 23 de xuño de 2017 (incluído)

 

ENLACE WEB CONSELLERÍA  coa Orde e impreso de solicitude (Anexo I)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut