Skip to Content

Información sobre a 2ª avaliación

De acordo coas novas instrucións publicadas no portal educativo o día 27 de marzo realizarase a 2ª avaliación antes do venres 3 abril. 

 

O noso centro cerrará a avaliación do alumnado o mércores 1 de abril, día no que a partir das 11:00 h se realizará a entrega telemática dos boletíns ás familias. A canle preferente de comunicación será Abalar Familias. Se non dispoñen desta aplicación para o móbil, poden descargala e rexistrarse, de xeito sinxelo, seguindo as seguintes instrucións.

 

Pregamos a aquelas familias que teñan problemas coa descarga e/ou instalación de Abalar Familias nos seus dispositivos móbiles, remitan un mail ao correo do centro (ies.agra.raices@edu.xunta.gal) ou chamen ao teléfono do centro (881 880 486) en horario de 10 h a 13 h.

Concurso no Instagram do Club de Lectura "Que estás a ler?"

Durante estes días de confinamento nos nosos fogares por mor da ameaza que supón o Coronavirus, o club de lectura Libros coma area! propón incrementar o noso caudal de lecturas. É este un bo momento para dedicar parte do noso lecer a achegarnos a todas aquelas obras que tiñamos na recámara, esperando a dispor de tempo suficiente para lelas. Por iso, o noso club de lectura acaba de activar en Instagram (@libroscomaarea) un concurso que leva por título "Que estás a ler?" Animádevos a participar nel, contándonos que obra ou obras estades a revisar na actualidade. Accedede á nosa conta de Instagram para coñecer todos os detalles e ver as bases do concurso. Haberá premio...

Contidos académicos na televisión pública

Queremos dar difusión á parrilla académica que se vai a emitir na televisión pública durante o período de confinamento. Unha ferramenta máis para traballar contidos académicos. 

Lembrade tamén, que debedes revisar se se actualizou a información das diferentes materias na seguinte entrada.

Doazón de material sanitario

O IES Agra de Raíces doou ao Hospital Virxe da Xunqueira en Cee, todo o material sanitario do que dispuña o Ciclo Formativo de Coidados Auxiliares de Enfermería. Dende a Dirección do centro queremos agradecer publicamente ao profesorado que imparte aulas neste Ciclo a súa colaboración no traslado do material.

Información oficial da CiUG

Ante a chegada de novas información sobre as probas ABAU para este curso 2019/2020, queremos lembrar ao alumnado que unicamente consulten e tomen como oficial a información que aparece na páxina web da CiUG, https://ciug.gal/gal

Horario e modalidade de atención ao público durante o peche do centro

Informamos de que, seguindo as instrucións das autoridades, o horario para a atención ao público durante o período que dure o peche dos centros educativos será de 10 h a 13 h de luns a venres. Esta atención farase por vía telefónica (881880486) ou a través do correo electrónico: ies.agra.raices@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola comprensión e colaboración.

Comunicado Urxente

Dende a Dirección do IES Agra de Raíces comunicamos que, seguindo as indicacións dadas polo Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente dende o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable a partir de mañá venres 13/03/2020.

Informamos tamén que, na medida do posible, notificaremos a través desta páxina web as diferentes decisións que se vaian adoptando con respecto ao ámbito académico durante o período que o centro permaneza cerrado.

 

Facendo arte pola Igualdade.

 

A obra titulada “Rompe as cadeas dos estereotipos de xénero”, elaborada por alumnos que cursan a materia de Debuxo Artístico, foi galardonada co primeiro premio da súa categoría no concurso e de carteis escolares con motivo do Día Internacional da Muller, promovido pola Secretaría de Igualdade. A obra xa está sendo empregada na campaña do 8M da Xunta de Galicia.

Todo un recoñecemento ao compromiso dos nosos escolares coa Igualdade.

Deixámosvos unhas fotos do evento ao que asistiron para o recoñecemento do seu traballo e o cartel no arquivo adxunto co que resultaron gañadores.

 

 

 

Entrevista á escritora Ana Santiso

O alumnado que cursa Coeducación para o século XXI (1º Bacharelato) aproveitou a visita da escritora Ana Santiso ao noso centro para facerlle unha entrevista sobre o seu traballo. Podedes desfrutala facendo clic no ficheiro adxunto.

Intercambio IES Agra de Raíces - Lycée Saint-Sauveur

Por cuarto ano consecutivo alumnos/as do IES Agra de Raíces tiveron a oportunidade de pasar unha semana de estancia con familias francesas en Redon, Francia. Este curso os participantes foron 20 rapaces e rapazas de 3º ESO e estiveron de visita pola rexión francesa dende o 14 ao 21 de xaneiro.

Profesoras dos dous institutos (IES Agra de Raíces- Lycée Saint-Sauveur) puxéronse en contacto para acordar un intercambio entre alumnos/as. Intercambio que se levou a cabo en dúas fases, unha primeira na que os/as alumnos/as ceenses visitaron a rexión francesa nas datas antes sinaladas e unha segunda na que as familias acolleron, dende o 6 ao 13 de febreiro, aos participantes franceses.

Con esta experiencia, ademais de supoñer unha inmersión lingüística e cultural plena, a rapazada, dun e doutro país, ten a oportunidade de acudir ás aulas, de coñecer os centros de estudos e de facer saídas guiadas de interese cultural pola contorna de cadansúa rexión. Toda unha experiencia de vida que dificilmente esquecerán.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut