Se queres saber como os inventos alemáns cambiaron o mundo, visita a exposición “Erfinderland Deutschland - Alemaña, país de inventos”.
A exposición céntrase nos descubrimentos históricos, así como nas innovacións orientadas ao futuro nos campos da informática, a enerxía, a comunicación, a mobilidade, a medicina, a óptica e os materiais.
A exposición "Erfinderland Deutschland", cedida polo Goethe Institut en colaboración co Instituto Max Planck e Frauenhofer, estará dispoñible ata o 28 de febreiro no vestíbulo da EOI de Vigo.
Para máis información https://www.goethe.de/lhr/prj/ede/esindex.htm