Skip to Content

Cangas

Parabens a todos os participantes nesta edición de charlas TEDx de francés na sección de Cangas.

Entre as cousas máis difíciles que podemos chegar a facer nunha lingua estranxeira está sen dúbida  facer unha presentación oral en público. Os nosos estudantes de B2  de francés xá son quén de replicar o formato das charlas TEDx para practicar as suas habilidades como oradores e a profesora de francés está a ter unha estupenda resposta entre os estudantes á iniciativa de  simular na aula as esixentes condicións e circunstancias da vida real: unha entrevista de traballo, una presentación comercial ou técnica, unha breve conferencia. Os nosos alumnos teñen unha morea de intereses e inquedanzas que van dende a fotografía, distintas formas de abordar a terapia conductual en psicoterapia,  os proxectos ecolóxicos locais no Morrazo, persoeiros culturais da elite intelectual francesa ou aspectos técnicos da aviación. Realmente grazas a aportación dos alumnos a clase colle unha nova dimensión como lugar de intercambio e enriquecemento para todos os participantes.

  Nun mundo no co francés é sen dúbida unha das linguas máis importantes por número de falantes e extensión xeográfica, nos felicitamos de que tamén no Morrazo teñamos xente capaz de facerse entender con eficacia e elegancia nunha enorme diversidade de temas. Eso non é algo que se poida improvisar senón que é o froito de anos de adicación e traballo.!!!

CINE EN FRANCES NO CINE-CLUB CANGAS.

Este venres 12 de xaneiro as 21:00 horas, se proxectará no Auditorio Municipal de Cangas a película Un beau matin en versión orixinal subtitulada ao español. E unha pelicula francesa do 2022 premiada en prestixiosos certames internacionais de cine. 

  Lembrade que ensinando o carné de pago das fotocopias da EOI, o alumnado terá desconto no precio de entrada. 

 O noso alumnado terá previamente a oportunidade de aprender nas súas aulas información sobre a temática e o argumento da película. Compre recordar que temos unha magnífica sala de cine en Cangas onde grazas a labor do Cine-Club Cangas podemos estar ao día nas novedades de calidade do cine internacional. 

   

REANUDACION DAS CLASES

Os cursos de francés deben estar pendentes a información sobre posibles ausencias de profesores nesta páxina de non haber un anuncio de ausencia, enténdese que as clases reanúdanse a partires do martes 9 de xaneiro. 

 O alumnado de inglés debe estar atento as comunicacións do seu profesor, prégase consulten Centrosnet ou o enderezo electrónico ou grupos de Whatsapp da clase. As clases comenzarán a partires do 15 de xaneiro por mor da realización das probas libres. Para calqueira consulta, non dubiden en escribir a eoi.vigo.cangas@edu.xunta.gal 

 

 

ORAL PRACTICE FOR B2 STUDENTS

On Tuesday the 16th  

ORAL ACTIVITY ABOUT MOTIVATION AND TIPS FOR LANGUAGE LEARNING FOR B2 STUDENTS

 Next Tuesday 21st November we will be meeting at classroom 7 at 4 PM to continue with our sessions about  how to enhance our performance as language learners.  

 When we enroll in a B2 course, what are our expectations? What are our goals for a sucessful experience as intermediate learners? Come meet other B2.1 or B2.2 students to exchange information about your personal experience learning English, your fears and hopes.  We will also be sharing some advice in terms on  what can help us speed up the process of foreign language acquisition.

 

 Hope to see you there!  

NEW ORAL ACTIVITY ABOUT PRESS AND MASS MEDIA

  We have designed a new activity aimed at advanced learners to help us reflect on what makes jounalism such a challenging job.  Journalists can be targeted by terrorist groups or even corrupt governments because of their ability to report on  their dodgy activities.  Has news reporting  become less and less accurate and that we are witnessing a proliferation of fake news? To what extent is being trustworthy and reliable the main goal of news outlets? 

  To discuss these matters, come join us next Monday 27th from 6 to 7:15 at classroom number 7.   Our discussion will replicate the exam format of the oral interaction. You can take a look at some of the materials we will be using in the attachment. 

 

SEMANA DA NOVELA

Na sección de Cangas estamos a reflexionar sobre a importancia da lectura non só para acadar os nosos obxetivos na aprendizaxe dunha lingua estranxeira senón para desenvolvernos cómo persoas e ter unha percepción máis nítida e exacta do mundo no que vivimos. 

   Seleccionamos 32 citas sobre a importancia da lectura que nos invitan a adicar máis tempo aos libros. Así tamén aproveitamos para presentar os fondos da nosa sección que poñemos a disposición do alumnado. 

MANUAL PARA O ALUMNO CANGAS

MANUAL PARA O ALUMNO . SECCION DE CANGAS 

AVISO DE CAMBIO DE AULAS

Ata novo aviso, as clases de frances niveis A2, B1, B2.1 e B2.2 teran lugar na aula 12 e as de inglés nivel B2.2 na aula 7. 

A IMPORTANCIA DO ESTUDO DAS LINGUAS

Nas Xornadas de Portas abertas puxemos un exemplo de excelencia no estudo de linguas estranxeiras, Xosé María Sainz, o intérprete da Comisión Europea que máis linguas manexa e reflectimos sobre a diversidade lingüística e a importancia de todos os idiomas. O concepto de lingua franca, lingua con proxección internacional soe guiarnos na escolla de qué lingua estranxeira desexamos estudar pero independentemente do número de falantes dunha lingua todas elas representan unha visión única e preciosa da realidade e o elemento máis crucial na identidade cultural das persoas cas falan. 

  O propio Carlomagno expresouno moi ben cando dixo. Ter unha segunda lingua equivale a poseer unha nova alma. 

Distribuir contido


by Dr. Radut