Enquisa de convivencia - maio 2023

A Consellería de Cultura,  Educación, Universidade e Formación Profesional está a recoller datos co obxecto de facer un seguimento e avaliación continua da convivencia escolar nos centros que dela dependen. A recollida de datos farase mediante unha enquisa en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, na que participarán o profesorado, PAS e alumnado.

 

Estes días o profesorado da EOI de Ferrol entregaralle ao seu alumnado un código para acceder e cubrir esta enquisa. Pedimos que participedes nesta enquisa para que teñamos máis información sobre a convivencia no noso centro.

 

O prazo para cubrirdes a enquisa remata o luns 22 de maio.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!