TAXAS MATRÍCULA LIBRE

TAXAS DA MATRÍCULA LIBRE
Decreto 89/2013 (DOG 17/06/2013)
 
 
 
 
 
INSTRUCIÓNS PARA O PAGAMENTO DE TAXAS
Hai dous xeitos de efectuar o pagamento:
 

NAS ENTIDADES BANCARIAS.

 
1. Retire o impreso de liquidación de taxas (modelo E) na conserxaría do centro e cúbrao consignando os seus datos persoais e a seguinte información na cabeceira:
 

Centro académico: Escola Oficial de Idiomas

Cód.:

07

Delegación de: Ferrol

Cód.:

11

Servizo: Ensino Medio

Cód.:

03

TaxaEscolas Oficiais de Idiomas

Cód.:

350800

 
  1.  Tamén pode xerar e cubrir enteira ou parcialmente un impreso equivalente (modelo AI) en formato pdf en: http://www.atriga.gal/web/atriga/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos
  2. Cúbra o importe da matrícula que ten que pagar .
  3. Efectúe o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
  4. Presente os dous resgardos que lle devolva o banco na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula.
 

 POR INTERNET:

 
1. Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nestas ligazóns:
 
 
→ Seleccione Entrar a servizos de acceso libre
→ Seleccione Taxas, prezos, multas, sancións
→ Seleccione Pagamento telemático de taxas e prezos
→ Seleccione Iniciar (botón azul á dereita da pantalla)
→ No formulario, seleccione os seguintes códigos para a operación : 
 
 

Centro académico: Escola Oficial de Idiomas

Cód.:

07

Delegación de: Ferrol

Cód.:

11

Servizo: Ensino Medio

Cód.:

03

TaxaEscolas Oficiais de Idiomas

Cód.:

350800

 
 
2. Para que este trámite teña validez, deberá asegurarse de que o cuestionario foi correctamente cuberto e aceptado pola entidade bancaria que o tramita. Para isto deberá presentar como xustificante o impreso 730 conformado co código seguro de verificación (CSV). Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.
 
INSTRUCCIÓNS PARA A CUMPRIMENTACIÓN DA FOLLA DE LIQUIDACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS  (para o ingreso do importe da matrícula na entidade bancaria )
 

CALCO alumnado procedente dos cursos CALC que cumpraos requisistos de asistencia aos cursos e se matriculen para realizar as probas de certificación non terán que aboar os prezos públicos correspondentes ao concepto de matriculación por idioma, sempre que vaian realizar as probas de certificación do idioma e nivel correspondente por primeira vez. No caso de se matricularen nunha EOI por primeira vez, deberán aboar os prezos públicos correspondentes á apertura de expediente.

CUALE: O alumnado procedente dos cursos CUALE 2019-2020 non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico, polo tanto, se este alumnado se matricula noutro nivel ou idioma polo réxime libre, deberá aboar unicamente o concepto de matrícula por idioma en réxime libre.

 
ANTIGO ALUMNADO:
1.  Alumnado que xa estivera matriculado nesta Escola Oficial de Idiomas – ou con traslado de expedinte a esta – deberán aboar :
 
              Matriculación por idioma :            46 €                        Total a ingresar :             46 €
 
2.  FUNCIONARIADO (acreditar condición) Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no presente decreto para as materias de nova matriculación.
            
3.  FAMILIA NUMEROSA XERAL (acreditar condición)deberán aboar
 
              Matriculación por idioma:             23 €                       Total a ingresar :             23 €
 
4.  FAMILIA NUMEROSA ESPECIAL (acreditar condición)matrícula totalmente gratuita
 
5. ALUMNADO CON DISCAPACIDADE (acreditar condición) non aboarán as taxas  as persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%.Aviso ao alumnado con discapacidade: Aquel alumnado con discapacidade acreditada que precise dunha adaptación do exame deberá solicitalo expresamente no momento da matrícula mediante ANEXO VIII  a disposición do alumnado na conserxería.
 
6. VÍTIMAS DE ACTOS TERRORISTAS (acreditar condición) non aboarán as taxas as vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos.
7. VIOLENCIA DE XÉNERO (acreditar condición): Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto o alumnado que sufra violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxe­nitores/as a sufran.
 
SE UN ALUMNO/A SE MATRICULA EN MÁIS DUN IDIOMA E/OU NIVEL DEBERÁ MULTIPLICAR O IMPORTE DO APARTADO “MATRICULACIÓN POR IDIOMA EN RÉXIME LIBRE“ POLO NÚMERO DE IDIOMAS E/OU NIVEIS NOS QUE SE MATRICULE
 
Exemplo:           
2 idiomas:            Matriculación por idioma 46 x 2 = 92 €                  Total a ingresar :92 €
 
IMPORTANTE :
  1. COMPROBAR OS IMPORTES A INGRESAR ANTES DE FACER A AUTOLIQUIDACIÓN
  2. A POSIBILIDADE DE PAGAMETO FRACCIONADO NON É FACTIBLE PARA A MATRÍCULA DE LIBRES.
 
 NOVO ALUMNADO
1. Alumnado que se matricula por primeira vez nunha Escola de Idiomas  deberá aboar :
              
                               Apertura de expedinte           22 €
                               Matriculación por idioma        46 €
                               Total a ingresar:                 68 €
 
2.  FUNCIONARIADO (acreditar condición) Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no presente decreto, agás os correspondentes á apertura de expediente, e unicamente nas materias de nova matriculación.
              
                               Apertura de expediente         22 €
                               Total a ingresar :               22 €
 
3.  FAMILIA NUMEROSA XERAL (acreditar condición)deberán aboar
            
                              Apertura de expediente         11 €
                               Matriculación por idioma        23  €
                              Total a ingresar :                 34 €
 
4.  FAMILIA NUMEROSA ESPECIAL (acreditar condición), matrícula totalmente gratuita
 
5. ALUMNADO CON DISCAPACIDADE (acreditar condición) non aboarán as taxas  as persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%. Aviso ao alumnado con discapacidade: Aquel alumnado con discapacidade acreditada que precise dunha adaptación do exame deberá solicitalo expresamente no momento da matrícula mediante ANEXO VIII a disposición do alumnado na conserxería.
 
6. VÍTIMAS DE ACTOS TERRORISTAS (acreditar condición) non aboarán as taxas as vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos.
7. VIOLENCIA DE XÉNERO (acreditar condición): Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto o alumnado que sufra violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxe­nitores/as a sufran.
 
 
SE UN ALUMNO/A SE MATRICULA EN MÁIS DUN IDIOMA E/OU NIVEL DEBERÁ MULTIPLICAR O IMPORTE DO APARTADO “MATRICULACIÓN POR IDIOMA EN RÉXIME LIBRE“ POLO NÚMERO DE IDIOMAS E/OU NIVEIS NOS QUE SE MATRICULE
 
             Exemplo: 2 idiomas
             Apertura de expedinte                       22 €
             Matriculación por idioma       46 x 2 = 92 €
             Total a ingresar :                           114 €
 
IMPORTANTE :
1.COMPROBAR OS IMPORTES A INGRESAR ANTES DE FACER A AUTOLIQUIDACIÓN
2.A POSIBILIDADE DE PAGAMETO FRACCIONADO NON É FACTIBLE PARA A MATRÍCULA DE LIBRES.