Alemán + Francés + Inglés + Italiano + Portugués + Galego + Actividades + Programación + Bibliografía + Profesorado + Ligazóns + Axudante de conversación

Reportagem fotográfica da Viagem a Peniche, Marinha Grande e Óbidos

Deixamos-vos aqui um resumo em imagens da viagem que realizamos os departamentos de Português e Galego, juntamente com a Equipa de Dinamização Linguística da nossa Escola. Foi nos dias 1, 2 e 3 de maio.

Nas fotos vemos algumas atividades realizadas: Visita à prisão fortaleza de Peniche, onde estavam recluídos os presos políticos durante a ditadura salazarista; ao Centro Interpretativo da Atouguia da Baleia, ao Museu do Vidro de Marinha Grande, à vila de Óbidos, uma caminhada pela orla costeira penicheira...

Associação Cultural Beco da Língua convoca "Concurso para a conceção de um logótipo"

 

O Beco da Língua anuncia um concurso para premiar o melhor desenho na conceção de um logótipo destinado a ser a imagem desta associação, criada por alunado e ex-alunado de Português da nossa Escola.

As bases do Concurso podem ser consultadas neste arquivo anexo.


 

NADAL CO CELGA 4

Nos debates do Celga 4, todos defenderon sempre as súas ideas con moita paixón... e descubrimos máis dun talento para o teatro. 

Ao longo do curso fomos coñecendo moitas experiencias que nos enriqueceron a todos.

Con persoas tan participativas coma vós, eu pouco tiven que facer, agás buscar no dicionario unhas cantas veces...

Grazas polas vosas leccións diarias!

NADAL CO CELGA 3

No Celga 3 tiven un alumnado moi festeiro que conseguiu que as clases foran moi amenas: Rosa e Azucena, alegrando todas as sesións; Remedios, preocupada sempre por solucionar os problemas dos seus achegados; Yolanda, que significa `terra de riquezas´; Marta, facendo honra ao seu nome, que significa `señora´; Lucy Ângela, cun nome moi destas datas, e os nosos cabaleiros Manolo e José Antonio, que non puideron asistir o último día.

Xuntos aprendemos moito e non só de lingua!

Grazas pola vosa simpatía e pola primavera en pleno Nadal!

 

OS FENÓMENOS

O alumnado dos niveis básico, intermedio e avanzado acudiron a unha segunda cita co cine galego: Os fenómenos, drama dirixido por Alfonso Zarauza.

2ª ANDAINA: DENDE VILAMOR ATA FROXÁN

O 7 de decembro partimos dende Ferrol ao Courel e percorremos a pé o tramo Vilamor-Froxán, coincidindo esta segunda andaina coa festa da Pisa da Castaña.

A ESMORGA

E por fin fomos ver a película máis agardada da tempada, dirixida por Ignacio Vilar. Non defraudou a ninguén. Os nosos actores, "Morris" e Miguel de Lira, espectaculares, e Karra Elejalde, ademais, co mérito de falar en galego.

A VIAXE DE GAGARIN

 

A ESMORGA AO CINE

O alumnado dos niveis Intermedio e Avanzado de Galego asistiu o 10 de novembro en Ferrol á presentación da película baseada na novela de Eduardo Blanco Amor.

 

ANDAINAS CO GALEGO

A PRESA DO REI - MUÍÑO DO PEDROSO

A 1ª andaina deste curso, o 25 de novembro,  foi un éxito: esta foto é un claro testemuño. Se queredes ver máis imaxes do noso percorrido, abride os adxuntos que aparecen debaixo.

Distribuir contido