Actividades

ATA SEMPRE ÓS ALUMNOS DO CURSO DE LING.ADMIN.DE TARDE

 

Hoxe rematamos o curso de linguaxe administrativa de nivel medio para a quenda de tarde.Un martes caloroso de outubro comezamos esta andaina de traballo, con este alumnado amábel, dilixente e de trato moi agradábel. Desde a miña inexperiencia, mais con moito ánimo, quero agradecer estas semanas tan proveitosas e dicirlles ata sempre e que nesta Escola teñen a súa casa.

OS ALUMNOS DE CELGA 3 ESCOITARON A VÍCTOR FREIXANES E AS SÚAS LECTURAS FAVORITAS

Dentro das actividades a realizar fóra do Centro, o pasado xoves, 26 de xaneiro, os alumnos  de CELGA da quenda de tarde asistiron a 1ª conferencia do ciclo "As miñas lecturas favoritas" que se desenvolve na UNED de Ferrol ata o mes de marzo. Nesta ocasión Víctor Freixanes expuxo o seu relatorio titulado "Catro pés dun banco e unha trabe" , os pés, explicounos o autor, serían as tradicións literarias que son os alicerces da literatura actual: a bíblica, a oriental (As mil e unha noites), a artúrica e a clásica (o mundo greco-latino). A trabe que aturaría dese armazón sería O Camiño de Santiago.

Para máis información do ciclo de conferencias : http://www.extensionuned.es/publico_actividad/3247

ALUMNOS DO CELGA CON MANUEL RIVAS

  O pasado 20 de decembro o escritor galego MANUEL RIVAS presentou o súa recompilación de contos “O máis estraño”.

A ela acudiron alumnos do Celga 3 acompañados do profesor Pedro Picallo. O escritor fíxonos  dúas preciosas adicatorias de exemplares que están á vosa disposición na Biblioteca da Escola

Distribuir contido