Eleccións Consello Escolar 2021

 Informamos de que nestas datas se inicia o proceso para a RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

Este curso toca renovar:

 - 1 representante de pais/nais.

 - 1 representante das mestras.

 Datas marcadas pola Xunta Electoral nas que as familias poderedes votar ao representante de nais/pais son as seguintes: 

29 de outubro: celebrouse no centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral. Nomeouse un titular e un suplente en cada sector (nais/pais, mestras e PAS). Dende ese día está exposto no taboleiro do centro o censo electoral das familias

Ata o 15 de novembro: período de reclamacións ao censo.

Calendario escolar curso 2021/2022

No seguinte enlace podedes acceder a toda a información sobre o calendario escolar para o presente curso 2021/2022 na web da Consellería de Educación:

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Adxunto ao final desta entrada atoparedes o calendario concreto da EEI de Verducedo, que inclúe 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña) e o 7 de decembro que solicitamos tódolos centros educativos de Moaña como día non lectivo.

Documentos COVID curso 2021/2022

Estimadas familias, anexos a esta publicación, inclúense o Plan de Adaptación á situación COVID para o curso 2021/2022 e o Plan de Continxencia da nosa escola para o coñecemento de toda a comunidade educativa.

Calculadora comedor escolar

Aos efectos de facilitar o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, poñemos á vosa disposición unha caculadora a través da páxina web da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Bo Verán

Agora si... rematamos! Unha vez pechado o curso, podemos dicir con orgullo que superamos o reto que supuxo adaptarnos a unha situación completamente nova. A implicación total de profesorado e traballadoras do centro e a colaboración e boa disposición xeral de alumnado e familias fixo posible que o curso escolar se desenvolvera con certa tranquilidade.

Un aplauso especial merecen os nosos nenos e nenas, que dende o primeiro momento, e sempre cun sorriso, adoptaron as novas normas e se alonxaron sen protestar da súa normalidade de xogo libre e interacción social.

É de xustiza dar as grazas a tod@s pola vosa colaboración. Que pasedes un felicísimo e merecido verán, vémonos en setembro!

 

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación:

- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

- Certificado médico (importante que especifique que ten a cartilla de VACINAS ao día).

- Fotocopia do libro de familia onde consten neno/a e proxenitores (se xa se entregou, non é necesario traerla de novo).

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

Distribuir contido