BECAS ACNEAE 2024-25

A partires do 30 de abril ata o 13 de setembro, pódese solictar a beca para aquel alumnado que cumpla algún dos seguintes requisitos:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

Tedes toda a información no seguinte enlace.

Adxuntamos a convocatoria e o extracto desta.

Hai que presentar a beca no centro onde o alumno ou alumna vaia facer os seus estudos no vindeiro curso escolar.

Onde nos atopamos?

Enderezo: Berducedo-Piñeiro Nº100. 36959 Berducedo - Moaña, Pontevedra

Teléfono: 986 313 500

Enderezo electrónico: eei.verducedo@edu.xunta.gal

Xeolocalización: https://www.google.com/maps/

@42.30492,-8.732853,2174m/data=!3m1!1e3?hl=es-ES

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/ 2025 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información sobre a normativa na páxina web 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Podedes consulatar o manual para as familias no seguinte enlace: 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/eoGAEeQr3N8iXRo

Documentación necesaria:

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

OS MARTES 20 2 27 DE FEBREIRO TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS EN VISITAR O NOSO CENTRO PODERÁN FACELO EN HORARIO DE 16:00 E 17:00 HORAS.

PEDIMOS QUE VOS ANOTEDES A TRAVÉS DO CÓDIGO QR OU DO TELÉFONO PARA PODER TER UNHA PREVISIÓN E ORGANIZAR AS VISITAS.

ESPERÁMOSVOS!

https://drive.google.com/file/d/1L10Q2iEjFUIQRv_pJH1kPZiPWev46YUk/view?u...

Plan Dixital 2023-2024

Xa está dispoñible para a súa consulta o Plan Dixital do centro para este curso no seguinte enlace:

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/eJrLJiPgWWjcdW7

Feliz verán

Queridas familias, rematamos un curso máis coa mochila chea de aprendizaxes e experiencias compartidas. Gracias a tódalas persoas que o fixeron posible. Vémonos á volta. Que pasedes un moi feliz verán.

Colaboración compostaxe internacional

Este curso comezamos un proxecto de colaboración internacional sobre compostaxe. En Verducedo cremos firmemente que as nosas accións, por pequenas que sexan, teñen un impacto global. Por iso cando xurdiu a oportunidade de participar nun proxecto de compostaxe con Mongolia, non dubidamos en embarcarnos nesta nova aventura.

Elaboramos un pequeno vídeo para ensinar aos nosos colegas de Mongolia que queren empezar a facer compost nas súas escolas, como o facemos nós:

Así mesmo, eles compartiron con nós os primeiros pasos que están a dar, formando aos centros de Ulan Bator nas nocións básicas de compostaxe:

 Gracias a Revitaliza, programa da Deputación de Pontevedra, por facelo posible.

Matrícula curso 2023/24

O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación, excepto aqueles documentos que xa entregaran en marzo coa solicitude de admisión:

- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

- Certificado médico (importante que especifique que ten a cartilla de VACINAS ao día).

- Fotocopia do libro de familia onde consten neno/a e proxenitores (se xa se entregou, non é necesario traerla de novo).

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

Visita Suso Verdeal

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal no cole.

Foi un pracer poder contar con el. Gracias por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nosa cabeza e que hai que intentar superarse cada día.

Podedes ver a marabillosa xornada que pasamos no blogue do centro:

Distribuir contido