Información

Plan Madruga

Como cada curso, en Verducedo ofertamos o servizo de Plan Madruga dende as 7:30am ata as 9am, hora en que da comezo a actividade lectiva do centro. Hai posibilidade de ampliar o servizo ás 7am solicitándoo previamente.

Nos documentos adxuntos a esta entrada atoparedes os documentos de alta e de baixa. No documento de alta tedes as tarifas especificadas, pero ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Federación de ANPAS de Moaña no seguinte enderezo electrónico: federacionanpasarcodavella@gmail.com

Renovación do patio da escola

Este curso, o patio da nosa escola está case irrecoñecible!

Comezamos o curso cunha grata sorpresa por parte da Comunidade de Montes de Moaña, que tanto nos coidan: a instalación no patio duns troncos para que os nenos xoguen, deixen voar a súa imaxinación experimentando coas diferentes posibilidades e desenvolvan a súa motricidade, coordinación e equilibrio.

Igual que fan sempre, os traballadores do Concello no dubidaron en poñerse mans á obra cando lles pedimos un diseño un tanto peculiar. O resultado é espectacular,  os nenos e nenas están encantados!

  

Outra novidade son os xogos que a ANPA do cole pintou no patio, parece outro! Cheo de cor e de posibilidades para que os nenos e nenas xoguen e desenvolvan as súas destrezas motrices. Hai de todo: laberintos, circuítos, xogos tradicionais como as 4 esquinas ou a mariola, e ata un xogo que lles permite traballar en espello copiando os movementos do que dirixe.

ANPA

Na actualidade, o 100% das familias da EEI de Verducedo pertencen á Anpa A Ruza (que á súa vez pertence á Federación de Anpas de Moaña Arco da Vella).

Presidenta durante o curso 2019/20: Marta Fernández Carnero.

Podedes atopar as últimas novas na súa páxina de Facebook premendo na imaxe:

<!--break-->

Distribuir contido