Proxecto medioambiental

Colaboración compostaxe internacional

Este curso comezamos un proxecto de colaboración internacional sobre compostaxe. En Verducedo cremos firmemente que as nosas accións, por pequenas que sexan, teñen un impacto global. Por iso cando xurdiu a oportunidade de participar nun proxecto de compostaxe con Mongolia, non dubidamos en embarcarnos nesta nova aventura.

Elaboramos un pequeno vídeo para ensinar aos nosos colegas de Mongolia que queren empezar a facer compost nas súas escolas, como o facemos nós:

Así mesmo, eles compartiron con nós os primeiros pasos que están a dar, formando aos centros de Ulan Bator nas nocións básicas de compostaxe:

 Gracias a Revitaliza, programa da Deputación de Pontevedra, por facelo posible.

Revitaliza

Rocío volveu a visitarnos para recordarnos a importancia do compost e do respecto polas plantas e a natureza. E fíxonos rir tantísimo que xa estamos esperando que volva o ano que vén :)

Plantación de primavera

Chícharos, leitugas, tomates, albahaca, berenxena, cogombros... e flores, moitas flores! Todo iso sementamos na plantación de primavera! Agora toca agardar e regar con moito cariño para ver que nace.

Obradoiros internivelares Marzo

Despois do parón do mes de febreiro polo Entroido e a creación de disfraces, voltamos a realizar os nosos obradoiros internivelares. Desta volta foron moi primaverales para celebrar o inicio da estación.

Obradoiros internivelares xaneiro

Os primeiros obradoiros internivelares do ano chegaron con moooooita neve, uns atascos do máis colorido e uns animaliños do mar que nos encantou pescar!

 

Obradoiros internivelares decembro

Para os últimos obradoiros do ano escollemos a temática de nadal, en cada un dos obradoiros traballamos con opcións relacionadas con este tempo que tanta alegría e maxia ten.

Obradoiros internivelares

Aquí vos presentamos un resumo dos nosos primeiros obradoiros internivelares deste curso!

Os cativos poideron disfrutar durante o mes de outubro dos obradoiros de :

-    ARTISTEANDO: pantasmas e morcegos

-    NATURARRRTE: pelochos peludos

-    EXPERIMENTE: cabazas con espuma deafeitar

Todos os nenos e nenas pasaron por todos os obradoiros gozando de todas as actividades, aprendendo e experimentando diferentes técnicas, texturas e creacións.

Bye Bye Plástico

Dentro da campaña "Bye Bye Plástico" da Xunta de Galicia, 8 centros educativos de Galicia participamos na primeira película colaborativa en stop motion:

Neste enlace podedes ver a parte que fixemos dende Verducedo:

https://drive.google.com/file/d/1X_VV6rVoRAqCYzGmCyCVme_KzIwlYIv4/view?usp=sharing

E o vídeo completo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1yqy7oW_LOUGAgR3xGsW2EzNOG-rm8PRd/view?usp=sharing

Campaña comarcal velutinas

Hoxe queremos compartir un vídeo que nos fan chegar a Asociación de Apicultores de Galicia do Morrazo (AGA-Morrazo) e o Concello de Moaña sobre a preparación de trampas caseiras para avespas velutinas.

É un tema de vital importancia xa que as velutinas son unha especie invasora moi dañina.

Agardamos que vos animedes a dar difusión a este vídeo... e sobre todo a crear as vosas propias trampas na casa!

 

Aprendemos sobre compostaxe

 Hoxe queremos compartir un artigo que saíu no Faro de Vigo sobre una actividade que viu a facer Revitaliza sobre compostaxe. Premendo na imaxe teredes acceso ao artigo completo:

 

Distribuir contido