Equipo Dinamización Lingua Galega

Entroido 2023

Menudo circo o de Verducedo! Despois de dous anos volvemos a xuntarnos para celebrar o Entroido e desfilar pola vila... e a festa nos podía ser pouca!

Moitas grazas a todas as familias por acercarvos a desfilar con nós!

Campaña 21 días en galego

Estimadas familias, infomamos de que se vai celebrar a quinta edición da campaña “21 DÍAS EN GALEGO”, que imos iniciar o martes 1 de marzo.

 Trátase dunha campaña de promoción do uso da nosa lingua organizada polo Concello de Moaña que se vai desenvolver entre o mércores 1 e o martes 21 de marzo, ambos os dous incluídos.

O motivo desta campaña deriva da falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. 

Magosto 2022

Por fin chegou o día no que voltamos a xuntarnos as familias da nosa Escola ó redor dun lume e comendo castañas e choripáns. 

Os pequenos gozaron dunha xornada de xogos nos que o deron todo para conseguir encher de selos o tique que lles permitía comer as castañas. Por suposto que todos e todas o pasaron pipa tirando da corda, encestando castañas, facendo equilibrios, derribando botes e correndo para que non lles quitasen o sitio. 

Para culminar esa xornada tivemos a sorte de contar con familias voluntarias que viñeron a preparalo todo para a merenda e para compartir con nós o fin de festa con lanzamento de trompos incluído ;)

Moitísimas grazas a todas as familias por participar.

Samaín

Esta última semana os nenos e nenas da nosa escola estivémolo pasando de medo...

Fixemos obradoiros de cociña montruosa, decoracións, maquillaxes terroríficos e festas a escuras.
E, como non, merendola! Grazas familias pola cantidade de postres e doces terroríficos que trouxestes para compartir.

XIRAREI COS BOLECHAS

Hoxe queremos falarvos do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS, para o cal o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro "Os Bolechas van a Moaña" de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018). Podedes acceder aos temas no enderezo:

https://concellodemoana.org/turismo/xirarei-cos-bolechas/

21 días en galego

Estimadas familias, infomamos de que se vai celebrar a cuarta edición da campaña “21 DÍAS EN GALEGO”, que imos iniciar o martes 1 de febreiro.

Trátase dunha campaña de promoción do uso da nosa lingua organizada polo Concello de Moaña, na que van participar todos os centros de ensino e que se vai desenvolver entre o martes 1 e o luns 21 de febreiro, ambos os dous incluídos. Podedes ver o cartel en ficheiros adxuntos ó final desta entrada.

O motivo desta campaña deriva da falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. 

 Que vantaxes poderían obterse ao participar nesta campaña? 

 ¤  Conseguir fluidez na súa expresión oral.

 ¤  Está demostrado cientificamente que as persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidade para adquirir outros idiomas.

 ¤  A través do galego resulta doado o achegamento ao portugués, o que pode repercutir en beneficios laborais xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

Guías Lectura educación infantil

Un ano máis, compartimos as guías de lecturas para Educación Infantil que elabora a Coordinadora de Equipos de Normalización do Morrazo, coa idea de proporcionar ideas sobre posibles regalos de Nadal.

Podedes descargar a guía no pdfadxunto.


Distribuir contido