Campamentos de verán

Difundimos a información sobre os campamentos de verán 2023. As inscricións comezarán o luns 22 de maio entregando o impreso que enviamos nas mochilas na Ludoteca de Moaña de luns a venres de 16 a 20h e luns de 10 a 13h.. Tedes toda a información no código QR.

Enlace información e normas inscripción do campamento de verán: https://drive.google.com/file/d/1S6bJkxeTL7m6WdHcZ4BVgEFBNBG3wK1E/view?usp=drivesdk

Enlace inscrición campamento: https://drive.google.com/file/d/16wRUkEseg8OYQ8_xDCCNvfvpGqucXzVb/view?usp=share_link

 

Listaxe provisional alumnado admitido

Informamos de que todo o alumnado que solicitou admisión na EEI de Verducedo para o curso 2023/24 foi admitido.

Podedes consultar a listaxe nominal do alumnado no taboleiro de anuncios que se atopa dentro do noso centro.

O prazo para formalizar matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2023.

Cando se aproxime a data publicaremos toda a información relativa.

Feira do Libro

Durante a semana do 24 ao 28 de abril podes traer ao cole libros que xa non queiras, que xa non che gusten ou que che gusten tantísimo que queiras compartir cos demáis e intercambialo por outro. O intercambio está pensado para toda a familia, polo que os libros poden ser infantís ou de adultos. Por cada libro que traias conseguirás un vale, que poderás canxear por outro libro.

Recolleremos os libros a partir do luns ata o venres, e o vindeiro martes 9 de maio, en horario de 15:30 a 17h teremos a nosa particular  Feira do Libro, onde poderás escoller entre todos os que recaudemos.

Revitaliza

Rocío volveu a visitarnos para recordarnos a importancia do compost e do respecto polas plantas e a natureza. E fíxonos rir tantísimo que xa estamos esperando que volva o ano que vén :)

Plantación de primavera

Chícharos, leitugas, tomates, albahaca, berenxena, cogombros... e flores, moitas flores! Todo iso sementamos na plantación de primavera! Agora toca agardar e regar con moito cariño para ver que nace.

Visita á Ludoteca (Aprende Moaña)

Este curso recuperamos a visita anual á Ludoteca de Moaña, onde Sara e Bibi nos reciben sempre con moitísima ilusión e nos ensinan o ben que o podemos pasar a lí polas tardes.

Pizza Party

Un ano máis fixemos a nosa xa tradicional Pizza Party coa teacher e coa axuda, nesta ocasión, do teacher Rubén e a profe Ana que nos axudou a facer masa caseira!

Easter Egg Hunt 2023

Un ano máis, chegou Easter bunny á escola! Espallou deliciosos ovos de chocolate por tooooodo o patio. Estaban tan escondidos que tivemos que buscar e rebuscar ata atopar todos.

Despois fixemos un marabilloso picnic ao sol da primavera. Ata o ano que vén, Easter bunny!

Distribuir contido