Blogue de admin

FONDO LIBROS 2024/25

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros para o alumnado que o vindeiro curso escolar curse Educación Primaria. Podedes cubrir as solicitudes e entregalas no centro onde o alumno ou alumna vaia realizar os estudos ou ben facelo de maneira telemática a través da aplicación "fondolibros" (será necesaria a Chave 365 ou un certificado dixital).

Lembrade que se entregará unha única solicitude por todos os irmáns que cursen a mesma etapa.

Aquí tedes o enlace para realizar a xestión telematicamente, procedemento "ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar".

Tedes aquí o enlace a toda a información.

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/ 2025 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información sobre a normativa na páxina web 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Podedes consulatar o manual para as familias no seguinte enlace: 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/eoGAEeQr3N8iXRo

Documentación necesaria:

COMEDOR CURSO 2023/2024

Xa están dispoñibles para a descarga o modelo de AUTODECLARACIÓN para a solicitude de comedor no vindeiro curso

 https://drive.google.com/file/d/1aMtF0a37p2qxRP3BHkv9iCAvgUvlF4WE/view?usp=drive_link

Tamén as instrucións para cumplimentalo

 https://drive.google.com/file/d/1lQLoUh72oNYN0ZWFDJtbBVCOkr6jN1BK/view?usp=drive_link

Debedes entregalo no centro entre os días 17 e 18 de xullo, preferiblemente en horario de 12:00 a 13:30 horas para facilitar a súa recepción e xestión.

Calquera consulta non dubidedes en chamar ó centro.

Un saúdo

Calendario Escolar

Distribuir contido