CARANVEXORNAL - 4ª edición

Con moito orgullo presentamos a cuarta edición do Caranvexornal de Verducedo! O primeiro da "era COVID", agardamos que o desfrutedes tanto coma nós!

Premendo na imaxe atoparedes a noticia completa, e a continuación o  Caranvexornal:

RESERVA DE PRAZA CURSO 2021/22

O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2021/2022 será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Lembrar que aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI de Verducedo son o CEIP de Reibón e o CEIP de Seara.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores - ver arquivo adxunto, modelo ED550A), ou a través da aplicación admisionalumnado, no menú

Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action

Bo Nadal

Queridas familias... GRAZAS. Grazas pola vosa boa disposición aos cambios que trouxo consigo este curso e pola vosa inestimable colaboración. 

Este ano tocounos reinventar o xeito de vivir a escola, de relacionarnos... tamén de celebrar o Nadal cos nosos pequenos. Conseguimos facelo coa ilusión de sempre.

Así desexamos que sexan estas festas para todas as nosas familias, distintas pero cheas de maxia. 

 

Bo Nadal e todo o mellor para o 2021. 

Guías de lectura

Un ano máis, compartimos a guía de lectura para Educación Infantil que elaboraron dende a coordinación de Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do Morrazo.

Nela atoparedes títulos moi interesantes.... e se cadra algunha idea para os agasallos de Nadal ;)

 

Distribuir contido

Back to top