NOVO PRAZO Admisión alumnado

No DOG de hoxe, 5 de maio, sae publicado o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Aviso importante para usuarios de Comedor Escolar


 Segundo a orde publicada pola Consellería de Educación, se contempla a compensación económica ao alumnado que goza de beca de comedor escolar e que nestes días non poden facer uso do mesmo.

 Esto inclúe tanto ás familias de gratuidade total como ás que abonan 1€ polo servizo.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, este é o enlace que vos levará directamente ao procedemento:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

Aquelas familias que teñan dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán mandar os seus datos ao móbil do cole ou ao noso correo electrónico (eei.verducedo@edu.xunta.gal) antes do venres 3 de abril:

- Nome do alumno/a/os/as

INTERRUPCIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, e no apartado sétimo do Acordo do CECOP mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico, interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2020/2021.

 

O cómputo do prazo reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

#euquedonacasa

Queridas familias de Verducedo,

Parece que nos vai tocar quedar na casa por uns días... Imos  ver o lado positivo, que sempre o hai! Aproveitemos estes días para facer as miles de cousas que sempre estamos dicindo que non temos tempo de facer. Aproveitemos para pasar máis tempo co noso núcleo familiar, falemos de cousas, leamos xuntos, redescubramos os xogos de mesa que seguro andan por aí... Cousas como cociñar, planificar comidas, facer listas, inventarnos cancións, escribir historias, practicar hábitos de autonomía como aprender a atar os cordóns ou a vestirnos sós...

Pero que non vaiamos ao cole e non nos vexamos, non significa que non podamos compartir experiencias! Dende a escola de Verducedo imos lanzar unha serie de #retos para aquelas familias que vos animedes; iremos publicándoos no blogue da biblioteca e tamén os faremos chegar por difusión ao móbil.

Ampliación plazo solicitudes admisión

Ante a situación derivada da crise do coronavirus, o plazo para presentar as SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnado para o curso 2020/2021 amplíase provisionalmente, tanto para presentación telemática como presencial.

O plazo finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática, a través da SEDE ELECTRÓNICA (enlace) para a presentación das solicitudes. O código do procedemento é ED550B.

Adxuntamos un manual do procedemento. 

Peche de centros educativos: 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

Información sobre o Coronavirus da Consellería de Educación

A continuación enlazamos a información que nos transmiten dende a Consellería de Educación en relación ao Coronavirus:

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

Así mesmo, compartimos un documento que nos parece interesante para explicarlle aos nenos de forma sinxela que é o Coronavirus. Podedes atopalo en arquivos adxuntos nesta entrada.

CARANVEXORNAL - 3ª edición

O noso terceiro Caranvexornal sae á luz!

Nesta edición...

  • Danvos a benvida os peques do cole.
  • Presentamos os nosos proxectos de dinosaurios e da charca.
  • Inauguramos a biblioteca.
  • Aprendemos 21 días en galego.
  • Recibimos moitas visitas: Revitaliza e os nenos e nenas do Con o día da Paz.
  • Desfrutamos do entroido
  • Despedímonos coas nosas xa tradicionais tomas falsas.

Esperamos que desfrutedes véndoo tanto coma nos gravando!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2020/2021 será do 1 ao 20 de marzo do 2020.

O modelo do impreso ED550B normalizado atópase ao final desta entrada nun anexo adxunto. Poderase cubrir en papel ou a través da aplicación Admisión Alumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/;jsessionid=FDD0A378E6

A5ADC94C75ECE6C21E1493.server_prod-j2ee40

A solicitude poderase presentar no centro educativo de primeira elección, ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. As instrucións de como facelo atópanse en arquivo adxunto ao final desta entrada.

 Xunto co anexo cuberto deberedes entregar unha proba documental da idade do alumno/a: fotocopia do DNI, ou de non telo, do libro de familia.

Aprendemos sobre compostaxe

 Hoxe queremos compartir un artigo que saíu no Faro de Vigo sobre una actividade que viu a facer Revitaliza sobre compostaxe. Premendo na imaxe teredes acceso ao artigo completo:

 

Distribuir contido

Back to top