CARANVEXORNAL - 5ª edición

Neste 5º Caranvexornal describimos como vivimos dende a Escola de Verducedo as seguintes celebracións e actividades:

Campaña comarcal velutinas

Hoxe queremos compartir un vídeo que nos fan chegar a Asociación de Apicultores de Galicia do Morrazo (AGA-Morrazo) e o Concello de Moaña sobre a preparación de trampas caseiras para avespas velutinas.

É un tema de vital importancia xa que as velutinas son unha especie invasora moi dañina.

Agardamos que vos animedes a dar difusión a este vídeo... e sobre todo a crear as vosas propias trampas na casa!

 

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/2022

Informamos de que todas as persoas que presentaron solicitude de admisión na EEI de Verducedo foron admitidas.

Podedes consultar as listaxes do seguinte modo:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2021/2022 será do 1 ao 22 de marzo do 2021.

O modelo do impreso ED550B normalizado atópase ao final desta entrada nun anexo adxunto. Poderase cubrir en papel ou a través da aplicación Admisión Alumnado.

A solicitude poderase presentar no centro educativo que se elixa como primeira opción, ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. As instrucións de como facelo atópanse en arquivo adxunto ao final desta entrada.

 Xunto co anexo cuberto deberedes entregar unha proba documental da idade do alumno/a: fotocopia do DNI, ou de non telo, do libro de familia.

Distribuir contido