Eleccións Consello Escolar 2021

 Informamos de que nestas datas se inicia o proceso para a RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

Este curso toca renovar:

 - 1 representante de pais/nais.

 - 1 representante das mestras.

 Datas marcadas pola Xunta Electoral nas que as familias poderedes votar ao representante de nais/pais son as seguintes: 

29 de outubro: celebrouse no centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral. Nomeouse un titular e un suplente en cada sector (nais/pais, mestras e PAS). Dende ese día está exposto no taboleiro do centro o censo electoral das familias

Ata o 15 de novembro: período de reclamacións ao censo.

Do 9 ao 16 de novembro estará aberto o prazo para a admisión de candidaturas de nais e pais, que teredes que notificar ao cole en dirección.

 17 de novembro anunciaranse as candidaturas e haberá 2 días (18 e 19 de novembro) para posibles reclamacións. Realizarase o sorteo para a elección da mesa electoral de nais/pais (4 membros e 4 suplentes).

    Martes 23 de novembro realizarase a votación dos pais e nais na entrada do centro en horario de 9:00 a 9:30h, e de 15:00 a 16:00h.

30 de novembro, proclamación dos candidatos/as elixidos.

10 de decembro, constitución do novo Consello Escolar.

 Antes do 17 de decembro remitirase a documentación pertinente á Xefatura Territorial.

  O proceso levarase a cabo cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade. Esperamos contar coa vosa participación.

 Ao final de esta entrada atoparedes adxunta a normativa que regula o proceso. Calquera pregunta que teñades non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

AnexoTamaño
normativa_consellos_escolares.pdf157.38 KB

Back to top