Skip to Content

Portfolio Europeo das Linguas

Neste curso o noso colexio forma parte do proxecto Portfolio Europeo das linguas (PEL).

O PEL é un documento vinculado á aprendizaxe de linguas promovido pola Unión Europea. Está dividido en 3 partes:

O PASAPORTE DE LINGUAS: onde se reflexa mediante un cadro de autoavaliación os logros acadados en diferentes linguas, os diplomas obtidos, cursos...

A BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA: onde se describen as experiencias en cada unha das linguas.

O DOSSIER: este contén exemplos dos traballos ou proxectos realizados nas diferentes linguas (documentos escritos, presentacións, vídeos, diplomas...).

O PEL de infantil non só será completado polos nenos e nenas senón que as familias xogan un papel fundamental, xa que terán que axudar ós nenos a completar o seu portfolio.

Como? Axudándolles a crear a súa biografía, a recopilar elementos de interés para o seu dossier...

Despois da primeira reunión informativa, enviarásevos información sobre as actividades que se desenvolvan e precisen da vosa colaboración. De igual xeito tamén poderedes participar a través dos proxectos que se sitúan na entrada principal.

Se facedes click sobre esta imaxe poderedes acceder á web onde atoparedes máis información sobre o PEL.

Comentarios

Creo que podo falar en nome

Creo que podo falar en nome de todos os meus compañeiros cando digo que os mestres deste colexio tamén nos sentimos moi afortunados de ter pais/nais/familias tan colaborativos e que se involucren tanto na vida escolar.  Espero que entre todos o noso cole vaia mellorando dia a día.



page | by Dr. Radut