O prazo oficial para formalizar a matrícula para o alumnado de ESO do curso 2023/2024 vai dende o 23 de xuño ata o 7 de xullo de 2023.
Os días de atención preferente para formalizar a matrícula son:
4º ESO: luns 26 de xuño
3º ESO: martes 27 de xuño
2º ESO: mércores 28 de xuño
1º ESO: xoves 29 de xuño
As familias con alumnado que teña que matricularse en cursos diferentes, poderán formalizar a matrícula no mesmo día.
Documentación xeral necesaria:
1º ESO:
- 1 fotografía actual do alumnado (tamaño carnet)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria (salvo que xa a achegara anteriormente)
- Fotocopia libro de familia (salvo que xa o achegara anteriormente)
- No caso de divorcio ou separación deberán achegar unha copia da sentencia/convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor, no caso de non tela entregada recentemente.