O prazo oficial para formalizar a matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria do curso 2022/2023 vai dende o 20 de xuño ata o 30 de xuño de 2022.
Os días de atención preferente para formalizar a matrícula son:
Infantil: luns 20 de xuño.
1º Primaria: martes 21 e mércores 22 de xuño
A documentación que deberán achegar é:
- Fotocopia do libro de familia do alumno/a
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
- 2 fotos tamaño carnet do alumno/a
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar unha copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor
A documentación xa achegada no momento da reserva non hai que voltar a traela.
Tamén deberán achegar os seguintes impresos cubertos:
O impreso de matrícula (Anexo III-1) atópase no ficheiro adxunto ou no seguinte enlace: Premer aquí
O impreso de paradas de autobus (ficheiro adxunto "Cuestionario paradas de autobús 2022-23")
Sondeo ANPA (ficheiro adxunto "ANPA Sondeo")
Horario Secretaría de atención ao público: De 8:50 a 13:50 horas.