VISITA MONTSE FAJARDO

Montse Fajardo, autora de Un cesto de mazás.  Deu hoxe unha charla "Represaliadas" Falounos das mulleres que sufriron a represión do golpe de estado de 1936 

Seguridade nas redes sociais

Houbo unha charla con membros da garda civil para falar sobre a seguridade e os perigos nas redes sociais para o alumnado do terceiro ciclo de primaria.

Visita ao teatro e mercado en Pontevedra

En decembro os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria realizaron unha visita a Pontevedra onde viron no auditorio de AFUNDACIÓN unha obra de teatro musical.  Logo de merendar foron coñecer o mercado de Pontevedra. Pasárono moi ben!

Premede aquí para ver un vídeo.

 

Iniciación ao bádminton

Un grupo de xogadores de bádminton dun club da Estrada, fixeron unha claase maxistral para intentar conseguir aumentar o número de xogadores deste deporte na nosa comunidade escolar  .

Petra e os petróglifos

 Hoxe, 25 de novembro, visitounos Petra (unha nena artista da Idade de Bronce). Lembrounos a importancia da igualdade, coeducación, etc. e convidounos a facer unha ruta de arte rupestre por lugares próximos da nosa localidade.

 

Saída a Naturnova

Realizamos unha saída de quinto e sexto a Vigo, fomos ata a exposición de Naturnova.

 

 

CELEBRANDO O SAMAÍN/HALLOWEEN

Celebramos este ano o Samaín e o Halloween cunha exposición de cabazas disfrazadas.

Cancións e poemas en inglés. Aquí tendes unha pequena mostra.

 

 

Visita á biblioteca Antonio Odriozola

O alumnado de primeiro e segundo de primaria, o día dous fomos visitar a biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra.

Participamos no contacontos Onde viven os monstros?

Premede aquí para ver un video das nosas actividades.

Concerto da Escola de Música de Vilaboa

O luns 19 de setembro actuou para o alumnado de Infantil e Primaria a Escola de Música de Vilaboa musicando diversos poemas de Manuel María do seu libro "Os soños na gaiola"

 

Distribuir contido