Skip to Content

Reserva de praza para o curso 2024-25 no IES Gonzalo Torrente Ballester

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024-25

O alumnado de 4ºESO  xa pode realizar reserva de praza para cursar Bacharelato o vindeiro curso 2024/25 no IES Gonzalo Torrente Ballester  do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro do 2024.

Poden facer a solicitude por algún destes dous métodos:

  1. Por medios electrónicos na web da consellería  aquí e facer a entrega na sede electrónica da Xunta co código de procedemento ED550A (para isto é necesario ter Chave365 ou certificado dixital)
  2. Ou presencialmente na secretaría do CPI do Toural cubrindo o Anexo I (e Anexo I-bis) en horario de 8:50 a 14:15 horas.

A solicitude de reserva é unica e vinculante. Non obstante poderá renunciar ao posto reservado presentando un escrito de renuncia no centro docente antes ou o día 28 de febreiro de 2024.

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro de 2024.

 

  Código centro do IES Gonzalo Torrente Ballester: 36019268

 

Documentación a achegar:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

 

Normativa relacionada

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut