Prazo formalización matrícula ESO curso 2018-2019

O prazo de formalización de matrícula na ESO para o curso 2018-2019 é do 25 de xuño ata o 10 de xullo de 2018.

No caso do alumnado que teña algunha materia da ESO pendente para a convocatoria extraordinaria de setembro, deberá formalizar a matrícula no mes de setembro (dende a entrega de notas ata o 10 de setembro).

Documentación xeral necesaria:

1º ESO:

- 1 fotografía

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

-  Anexo III.2 (premer aquí)   

2º ESO:

- 1 fotografía

3º ESO:

- 1 fotografía

- Fotocopia do DNI do alumno/a

- 1,12 € do seguro escolar obrigatorio (prégase importe exacto)

- Impreso TA.1 (o solicitante é o alumno/a)

4º ESO:

- 1 fotografía

- 1,12 € do seguro escolar obrigatorio (prégase importe exacto)