Skip to Content

CELEBRANDO O SAMAÍN/HALLOWEEN

Celebramos este ano o Samaín e o Halloween cunha exposición de cabazas disfrazadas.

Cancións e poemas en inglés. Aquí tendes unha pequena mostra.

 

 

Visita á biblioteca Antonio Odriozola

O alumnado de primeiro e segundo de primaria, o día dous fomos visitar a biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra.

Participamos no contacontos Onde viven os monstros?

Premede aquí para ver un video das nosas actividades.

Concerto da Escola de Música de Vilaboa

O luns 19 de setembro actuou para o alumnado de Infantil e Primaria a Escola de Música de Vilaboa musicando diversos poemas de Manuel María do seu libro "Os soños na gaiola"

 

CONVOCATORIA BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA E APOIO EDUCATIVO

Visita a Baiona de 1º e 2º

Esperamos que disfrutedes co video tanto como disfrutanos nós.

Sendeirismo e Piragüismo

Os alumnos de 3º e 4º de primaria fixemos unha actividade de sendeirismo e piragüismo. Aquí podedes ver as fotos da actividade.

Sendeirismo e piragüismo 3º e 4º from cpidotoural on Vimeo.

FESTA DAS CULTURAS

UN ANO MÁIS CELEBRAREMOS NO CPI DO TOURAL A "FESTA DAS CULTURAS"

Será o luns, 20 de xuño, de 4 a 7 da tarde, e disfrutaremos dun programa de actividades espectacular!

AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

PROGRAMA:

OBRADOIRO DE CULTURA URBÁN: Rapearemos en galego con noso ex alumno Borja Fernández  "DRAKEN"                                                                           

 

OBRADOIRO DE ARTESANÍA: Aprenderemos a tecer lá utilizando teares tradicionais

 

OBRADOIRO DE CULTURA GALEGA: Faremos un Serán no que participará  o grupo de gaitas da Asociación Cultural Cobres acompañados de nenos e nenas de primaria.

 

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS:  As Madres latinas de Vigo nos enseñarán a dar os  primeros pasos e primeiros compases coa caixa peruana.

 

OBRADOIRO DE CULTURA ÁRABE:As alumnas marroquíes da ESO ensinarannos a escribir o noso nome en caligrafía árabe e a deseñar tatuaxes de Henna sobre grellas de cartolina.

 

 

OBRADOIRO LÚDICO: Tinguido  de camisetas. Hai que traer unha camiseta de cor claro.

 

 

TEDES O PROGRAMA DAS ACTIVIDADES QUE SE VAN REALIZAR PREMENDO EN ADXUNTO.

Limpeza das Salinas.

Os alumnos de 5º de Primaria estiveron colaborando co Concello de Vilaboa nunha iniciativa para manter limpas as Salinas.

 

Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo.
Video Fotos Limpeza Salinas 15-16 

Visita dos alumnos de 6º de RIOMAIOR

Os que serán os nosos novos compañeiros durante a etapa de educación secundaria estiveron de visita para coñecernos.

Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo.

O MUNDO QUE QUEREMOS

O noso cole tivo o privilexio de ser un dos centros elixidos para formar parte do Proxecto O Mundo que Queremos. Este proxecto está enmarcado dentro do paradigma da educación para o desenvolvemento e foi para nos unha poderosa ferramenta coa que promover valores e actitudes comprometidas coa loita contra a pobreza e a desigualdade social. 0 fío temático do proxecto son os Obxectivos de DesenvolvementoSostible (ODS) e as experiencias compartidas con medios comunitarios, vinculados a proxectos de cooperación internacional que foron presentadas nas aulas a través de obradoiros de radio, fotografía e teatro.

Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e fondo solidario.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

IMPORTANTE! O prazo para presentar as solicitudes remata o 23 de Xuño

 PARA DESCARGAR O IMPRESO PREMER AQUÍ.

 

VISITA DOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIROS

Onte visitáronnos os alumnos do CRA que serán os nosos novos compañeiros de 1º de Primaria para o curso 2016/2017. 
 
 Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

 

Para ver as fotos, premede na imaxe.

Volve de novo ao CPI do Toural, un ano máis,  a actividade "AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN", e con ela a emoción de poder escoitar aos familiares dos alumnos contando un conto a toda a clase. Agardamos a vosa participación!!!

Maxia no Toural

A maxia invadiu o CPI do Toural!

 

Maxia no TOURAL from cpidotoural on Vimeo.

Celebración do Día das Letras Galegas

O pasado xoves, para celebrar o día das Letras Galegas, rematamos de gravar un vídeo en defensa da nosa lingua.Aquí temos o resultado!

 

MEU O MUNDO É. CPI do Toural from cpidotoural on Vimeo.

Visita ás Salinas de Ulló cos compañeiros portugueses. 3º da ESO. Abril 2016

O novo xardín do noso Centro

CORRELINGUA 2016

Este curso participamos no Correlingua 2016 celebrado o día 2 de maio na cidade de Pontevedra o alumnado de Primaria e primeiro curso de Secundaria.

 

Premede no cartaz para ver fotos da marcha.

 

 

Visita a Lugo. Secundaria

VISITA A LUGO

26 de abril de 2016

 

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut