Skip to Content

Axudas Libros de Texto e Material para o curso 2024-2025

Comunícase as nais e pais do alumnado que vaia cursar Educación Primaria ou ESO no ano académico 2024-2025 no CPI do Toural, que se convocaron axudas para a adquisición de libros de texto, de material escolar e o Fondo de libros da Xunta de Galicia (DOG 20 de maio 2024).

Información FP Básica

Máis información neste enlace https://www.edu.xunta.gal/fp/

Achegamos powerpoint coa información máis relevante.

Programa EDUexchanges

Un grupo de estudiantes da ESO do  C.P.I. do Toural , en Vilaboa, xunto con 22 estudantes de Secundaria do Gymnasium Raabeschule, da localidade de Braunschweig, Alemaña están participando nunha experiencia de inmersión lingüística dentro do Programa EDUexchanges durante esta última semana de maio. Trátase dun Intercambio lingüístico e cultural entre o alumnado e profesorado dos dous centros que ten como actividades principais a práctica diaria da lingua vehicular, inglés ou castelán, as actividades educativas, académicas e de carácter cultural organizadas polos centros educativos e as derivadas da convivencia coas familias de residencia en cada país.

Listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido procedente de centros non adscritos para o curso 2024-2025

Xa están publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025

Día do libro 2024

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/2025

Xa están publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025

Poden consultar as listaxes no taboleiro interno do CPI do Toural ou a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, premendo neste enlace 

Apertura prazo admisión novo alumnado curso 2024-2025

 

Procedemento de Admisión

Novo Alumnado

Curso 2024/2025

 

Vacantes curso 2024-2025

Día de Rosalía de Castro

As actividades  levadas a cabo o Día de Rosalía de Castro están publicadas nos seguintes enlaces, en formato vídeo:

Cadro Rosalía de Castro

VÍDEO RESUMO

POEMA "A XUSTIZA POLA MAN"

POEMA "QUÍXENTE TANTO MENIÑA"

POEMA "CANDO A LUNIÑA APARECE"

 

As fotografías das actividades atoparédelas na galería. Clicando na palabra accederedes ás mesmas.

Listaxe definitiva do alumnado admitido procedente de centros adscritos para o curso 2024-2025

Todo o alumnado que solicitou reserva de praza dende o CRA Plurilingüe de Vilaboa, e dende o CEP Plurilingüe de Riomaior foi admitido no CPI do Toural.

Os prazos para formalizar a matrícula para o curso 2024-2025 son:

PRIMARIA: Do 20 de xuño ata ó 30 de xuño de 2024

ESO: Do 23 de xuño ata ó 7 de xullo de 2024

Na web publicarase a documentación necesaria para formalizar dita matrícula.

 

Lembramos que o servizo de comedor está xestionado pola ANPA do CPI do Toural e o alumnado interesado deberá formalizar a petición de dito servizo.

Nota: Previamente ao prazo de matrícula se suelen convocar as axudas de material escolar e fondo de libros, xeralmente dende finais de maio ata o final do presente curso académico (21 de xuño de 2024). Estas axudas se solicitan telematicamente ou presencialmente no CPI do Toural. Calquera novidade publicarase nesta web.

 

.

 

Reserva de praza para o curso 2024-25 no IES Gonzalo Torrente Ballester

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024-25

O alumnado de 4ºESO  xa pode realizar reserva de praza para cursar Bacharelato o vindeiro curso 2024/25 no IES Gonzalo Torrente Ballester  do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro do 2024.

Recollida Título ESO

O alumnado que cursou 4º de ESO durante o ano académico 2020-2021, xa pode pasar pola secretaría do centro para recoller o seu Título da ESO.

 

Horario de atención ao público: De 8:50 a 14:15 horas.

Comedor escolar

O comedor escolar do CPI do Toural está xestionado pola ANPA.

O seu contacto é:  anpatoural@gmail.com

Inicio curso académico 2023 - 2024

O vindeiro luns 11 de setembro de 2023, comezará o curso para Infantil, Primaria e ESO.

Lembramos que ese día xa haberá servizo de autobuses.

O alumnado da ESO terá a xornada normal dos luns con clases pola mañá e pola tarde (8:40-14:20 e 16:20-18:00).

 

Libros de texto Primaria e ESO curso 2023-24

Relación de libros de texto de Primaria e ESO para o vindeiro curso 2023-24.

Nota: Engadido o libro de Bioloxía de 4º ESO  (19 xullo 2023)

Prazo formalización matrícula ESO curso 2023-2024

O prazo oficial para formalizar a matrícula para o alumnado de ESO do curso 2023/2024 vai dende o 23 de xuño ata o 7 de xullo de 2023.

 Os días de atención preferente para formalizar a matrícula son:

4º ESO: luns 26 de xuño 

3º ESO: martes 27 de xuño

2º ESO: mércores 28 de xuño

1º ESOxoves 29 de xuño 

 

As familias con alumnado que teña que matricularse en cursos diferentes, poderán formalizar a matrícula no mesmo día.

Documentación xeral necesaria:

1º ESO:

- 1 fotografía actual do alumnado (tamaño carnet)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria (salvo que xa a achegara anteriormente)

- Fotocopia libro de familia (salvo que xa o achegara anteriormente)

- No caso de divorcio ou separación deberán achegar unha copia da sentencia/convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor, no caso de non tela entregada recentemente.

Prazo formalización matrícula novo alumnado de Educación Infantil e Primaria curso 2023-2024

O prazo oficial para formalizar a matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria do curso 2023/2024 vai dende o 20 de xuño ata o 30 de xuño de 2023.

As datas de atención preferente son:

- Para o novo alumnado de infantil: Martes 20 de xuño

- Para o novo alumnado de primaria: Mércores 21 e Xoves 22 de xuño

 

A documentación que deberán achegar é:

- Fotocopia do libro de familia do alumno/a

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a

- 2 fotos tamaño carnet do alumno/a

- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar unha copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor

 

A documentación xa achegada no momento da reserva non hai que voltar a traela.

Tamén deberán achegar os seguintes impresos cubertos:

 O impreso de formalización de matrícula (ficheiro adxunto "Formalización matrícula Infantil e Primaria")

 O impreso de paradas de autobus (ficheiro adxunto "Cuestionario paradas de autobús 2023-24")

 

 

Horario Secretaría de atención ao público no mes de xuño: De 8:50 a 14:10 horas.

 

 

 

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut