AVISO IMPORTANTE.
O LUNS 11, MARTES 12, MÉRCORES 13 e XOVES 14 DE SETEMBRO DE 2017, A HORA DE RECOLLIDA DO ALUMNADO E SAÍDA DE AUTOBUSES SERÁ ÁS 15:15 H.
DENDE O VENRES 15 A HORA DE SAÍDA SERÁ AS 16 H.
FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas
FONDO LIBROS
Data publicación das listaxes definitivas Ed. primaria: 14 de xullo de 2017
Listaxe definitiva de admitidos Educación primaria.
Listaxe definitiva de excluídos Educación primaria.
Data publicación das listaxes definitivas Ed. secundaria: 15 de setembro de 2017
Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.
FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais
FONDO LIBROS
Data publicación das listaxes provisionais: 10 de xullo de 2017
Listaxe provisional de admitidos Educación primaria
Listaxe provisional de excluídos Educación primaria.
Listaxe provisional de admitidos ESO.
Listaxe provisional de excluídos ESO.
Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a, para saber os libros das materias que se lle asigna a cada alumno/a é necesario esperar as listaxes definitivas.
Reclamación á publicación da listaxe provisional: 11 e 12 de xullo de 2017.
Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
DATAS PARA A RECOLLIDA DE VALES
DATAS DE RECOLLIDA:
Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida, en función do 1º apelido do alumno/a, dos vales de axuda para libros e para material escolar. As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer nos seguintes días.
Letra de comezo do 1º apelido do alumno/a Data recollida
· Da letra A á F--------------------------------- luns, 10 de xullo de 2017
· Da letra G á O-------------------------------- martes, 11 de xullo de 2017
· Da letra P á Z--------------------------------- mércores, 12 de xullo de 2017
· Todos os que non viñeron os días anteriores--- xoves, 13 de xullo de 2017
Os alumnos/as da ESO con materias pendentes recollerán os vales en setembro.
HORARIO: DE 10:00 horas -13.30 horas
Recoller os pais ou titor/a legal ou persoa autorizada.
A persoa autorizada debera presentar o formulario de autorización, fotocopia DNI do pai/nai/titor/a legal e DNI orixinal do autorizado/a.
O formulario de autorización pode recollerse no centro ou descargarse na páxina web.
Pódese consultar aquí.
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017-2018.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017-2018, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2017.
Durante o curso escolar 2017-2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Moraña, 3 de xullo de 2017
A dirección
Solicitude para presentarse como colaborador/a
Chegou o día, en exclusiva para o noso canle, dende o Parlamento de Galicia para todos vós. Hoxe Falamos Con... ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, Presidente da Xunta de Galicia.
Tivemos a sorte de que o presidente nos concedera uns 45 minutos do seu tempo. A entrevista é a máis longa que fixemos e decidimos facer dúas versións. Unha completa con todo o que lle preguntamos e co que respostou e outra moito máis resumida.
Esperamos que vos guste. Nós temos que dar as grazas ao Presidente da Xunta e a Marta Varela pola súa amabilidade e sobre todo por todas as facilidades que puxeron para que puidéramos facer este proxecto realidade.
Guardar
O vindeiro venres 23 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2017/2018 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.
O alumnado que no curso 2017/2018 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.
O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.
mediacionmorana@gmail.com
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |