DISQUE TV. Hoxe Falamos Con... Laura Vázquez García

Esta semana en Hoxe Falamos Con... entrevistamos a Laura Vázquez a responsable da biblioteca do CPI Santa Lucía.

 

 

Disque Tv. Arroz con chícharos, Bica Galega por Tamara Leal Santamaría

Tamara mostranos como facer unha riquísima bica galega.

Aniversarios 2º trimestre

Comedor_Fajitas

O outro día comimos fajitas no comedor. Sabedes como se preparan?

 

 

Disque TV: AMODIÑO

O alumnado de 5º realizaron un traballo sobre as normas de comportamento e decidiron plasmalo nun vídeo musical. Veredes o pegadiza que é...A-MO-Di-ÑO

 

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2021/22

3ª Fase.-ACTUALIZACIÓN DE DATOS PARA O CURSO 2021/2022. (Alumnado matriculado no Centro no curso 2020/21)

O alumnado que vaia cursar educación infantil ou educación primaria no vindeiro ano académico 2021/22 ten a necesidade de cumprimentar unhas follas de reserva interna para coñecer as súas preferencias e os servizos complementarios que vai utilizar de cara ao curso seguinte xa que ten unha praza garantida para o seguinte nivel ao que está cursando.  Os titores/as de cada grupo de alumnos/as serán os encargados de repartir e explicar estes formularios no mes de maio.

Abrangue do 21 de maio ao 31 de maio.

Sabíades que...

 

Sabíades que...

A natureza tarda 10 anos en converter unha lata de refresco en óxido de ferro? Que as bolsas de plástico tardan máis dun século en descompoñerse totalmente? E que as botellas de plástico poden tardar en degradarse ata 1000 anos se permanecen enterradas?

O alumnado de infantil e primaria do CPI Santa Lucía comprobou a cantidade de envases plásticos e briks que se xeran nas aulas gardando o lixo da papeleira amarela durante dúas semanas.

Pensade agora no dano que produce tal cantidade de lixo no medio ambiente. Evitalo está nas vosas mans, é tan sinxelo como seguir o principio dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.

O MELLOR RESIDUO É O QUE NON SE PRODUCE.

No seguinte enlace detállanse uns sinxelos consellos cos que reducir a produción de residuos, apostando por un consumo responsable.

http://www.sogama.gal/gl/info/os-tres-erres

Entroido 2018, de película

Ghotsbuster

Powered by Drupal - Design by artinet