Orientación

INFORMACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL CURSO 22-23

06/06/2022 11:11
Etc/GMT

ESTIMADA COMUNIDADE EDUCATIVA:

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL ELABORADA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACION, PARA O CURSO 2022-23 E PARA OS SEGUINTES CURSOS: 6º DE PRIMARIA, 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.

 

-ENLACE INFORMACIÓN PARA 6º QUE PASA A 1º DE ESO

 

-ENLACE INFORMACIÓN PARA 1º QUE PASA A 2º DE ESO

 

-ENLACE INFORMACIÓN PARA 2º QUE PASA A 3º DE ESO

 

-ENLACE INFORMACION PARA 3º QUE PASA A 4º DE ESO

15 NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL SEN ALCOL

11/15/2021 12:15
Africa/Addis Ababa

Hxe, celébrase o Día Mundial sen Alcol.

Para celebralo publicamos o manifesto que nos envían desde o Departamento de Conductas Adictivas do Concello de Cuntil.

31 de Maio, Día Mundial sen tabaco

O 31 de Maio conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Neste momento que estamos a vivir, débemos darlle maior prioridade, se cabe, á saúde pública e individual. Para iso, dende o CPI Pluringüe Santa Lucía, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, queremos sumarnos á OMS, apoiando a súa campaña de promoción do abandono do consumo de tabaco e continuar coa campaña de contramárketing do ano pasado coa que se pretende contrarrestar as artimañas que dende a industria tabaqueira se están levando a cabo para captar novos clientes e clientas que substitúan ós millóns que van perdendo polas mortes prematuras que causa o consumo de tabaco.

A continuación incluimos a ligazón ao Manifesto do Día Mundial sen tabaco 2021 e a ligazón ao xogo Tabaco, canto sabes?, Co que comprobar os coñecementos que cada persoa temos sobre o tabaco e outros produtos do tabaco.

Para participar no xogo Tabaco, canto sabes? clica no seguinte enlace, e introduce o contrasinal PREVENCIÓN.

https://view.genial.ly/5eb3e795d4d59a0d61ff85d3/game-canto-sabes-sobre-o-tabaco

Día Internacional das Familias

Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía ponse a disposición das familias a GUÍA PARA FAMILIAS, coa que obter información básica sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia, favorecendo así a labor preventiva da familia como principal axente de socialización.

Para acceder a dita GUÍA podes clicar no seguinte enlace:

https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas

Reunión para as familias do alumnado de 6º de primaria

Este luns 3 de maio ás 17:00 terá lugar a vídeoconferencia para as familias do alumnado de 6º de primaria na que falaremos do paso de primaria a secundaria ademais doutros temas como os vídeoxogos, as rutinas de traballo, o comportamento...

Recomendamos a participación nesta charla das alumnas e os alumnos de 6º.

A continuación deixámosvos a información da reunión (podedes empregar o correo nonresponder@edu.xunta.gal para entrar na reunión):

 

Enlace da reunión: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.phpMTID=m7dab7d4c9a86e463abf50e7f79407aec

Número de reunión:121 583 8497

Contrasinal:1234

31 de Maio Día Mundial sen tabaco

Dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía facémonos eco da información transmitida desde o Proxecto de prevención das condutas aditivas de Cuntis, Barro , Campo Lameiro, Moraña e Portas no Día Mundial sen tabaco o 31 de Maio promovido pola Organización Mundial da Saúde (OMS)

Nos seguintes enlaces tedes información relacionada con esta data:

Manifesto

Folleto informativo (OMS)

Díptico informativo

 

Programa do Departamento de Orientación para a mellora do benestar emocional dos nosos nen@s e adolescentes

Nestes momentos tan difíciles para todos, desde o Departamento de Orientación do centro queremos ofrecervos unha pequena axuda para seguir levando esta situación, o mellor posible. Para que tanto os rapaces coma vós aproveitedes unhas sinxelas pautas para mellorar o benestar emocional.

Podes acceder ao programa de benestar emocional nesta ligazón.

Tamén podedes acceder na sección de blogues desta páxina web ao blogue da mestra de pedagoxía terapéutica de secundaria: Marabillas Terapéuticas

Powered by Drupal - Design by artinet