PDC-XOGADE

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

O noso centro, dentro do Plan Proxecta do curso 21/22, participa no proxecto PVAD Proxecto de vida activa e deportiva. O título do proxecto para este curso é:  "XOGOS OLÍMPICOS DE MORAÑA".

O programa depende da Secretaría Xeral para o Deporte - Fundación Deporte Galego, pretende axudar aos centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro/vida activa e saludable, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real da actividade física que realiza o alumnado.

Recursos web de referencia: https://galiciasaudable.xunta.gal/portada

Xornada de convivencia

O día 4 de maio fixemos unha xornada de convivencia na Fervenza de Raxoi en Valga cun xantar e posterior camiñata. 

 

Algún profesorado e persoal non docente fixemos unha andaina e ruta camiñando pola fervenza e outros compañeir@s foron facer unha ruta en quad.

 

FOI UN DÏA MOI ESPECIAL!!!!!!

Álbum: Sen categoría -> Fervenza Valga

Horto Escolar

Este curso escolar 21/22 continuamos facendo formación de profesorado con Miudiño para a mellora e posta en funcionamento do noso horto escolar. 

Ademais do acondicionamento do xardín e colocación de diversas plantas e flores, melloramos o horto de plantas aromáticas e medicinais.

Tamén puxemos en bancais diferentes legumes coma guisantes e fabas, e vexetais coma leitugas, remolachas , allos, repolos, espinacas, acelgas.....

Estamos aprendendo moitísimo, tanto o profesorado coma o alumnado.

Álbum: Sen categoría -> Formación de Horto Escolar

Patios e recreos 2022

Os recreos este curso escolar foron un espazo de xogo moi divertido e cambiante.

Cada vez que os protocolos por mor do covid se modificaban ....era xenial. Primeiro flexibilizaron e permitían que nenas e nenos puidesen xogar sen máscara  no exterior e despois xuntándose co alumnado de diferentes cursos por todos os patios do centro educativo...... FOI UN REENCONTRO EMOCIONANTE para o alumnado e para o profesorado xa que desfrutamos de velos tan felices xogando xuntas e xuntos nos recreos.

Este curso escolar continuamos igual que o curso pasado con xogos populares no tempo  de lecer coma cordas, gomas, aros, xogos de mesa, ademais dos tipies, caixas de construción, hamacas, columpios, argolas para calistenia......

Álbum: Sen categoría -> Patios 2022

Merendas Saudables

Este curso escolar continuamos coas merendas saudables nos recreos. As nenas e nenos xa saben que unha boa alimentación axuda a preservar a memoria e a mellorar o rendemento intelectual.

Álbum: Sen categoría -> merendas saudables 21/22

VISITA O CENTRO O EQUIPO NACIONAL DE PIRAGÜISMO

     O día 9 de marzo visita o noso centro a sección de canoa do equipo nacional de piragüismo. Son 6 palistas en total incluída unha canoista chilena que adestra con eles. Todos teñen grandes resultados a nivel Internacional, incluídas medallas en campionatos do mundo, de Europa, Copas do Mundo e tamén Xogos Olímpicos.

 

 

 

DÍA DA PAZ - XOGOS COOPERATIVOS OLÍMPICOS

   O día 31 de xaneiro e 1 de febreiro, dentro do proxecto Xogos Olímpicos de Moraña, disfrutaremos duns xogos e retos colaborativos/cooperativos para todo o alumnado de EI, EP e Secundaria para conmemorar o día escolar da non violencia e da PAZ. Nestes xogos os nenos e nenas non compiten entre sí senón que colaboran para conseguir un fin, incentivando o xogo en equipo e tamén valores como a empatía, colaboración do grupo, ninguén sobra e valórase o esforzo.

 

BINGO SAUDABLE DO NADAL

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 

Powered by Drupal - Design by artinet