Calendario das probas extraordinarias de Setembro na ESO. Curso 2017_2018

Pódese consultar aquí, xunto cas datas de entrega dos boletíns de cualificacións e o prazo de revisión de exames.

Proxecta Ríos

Feira das Artes 2018

Adeus mandilóns.

6º E.I. Despedímonos

Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2018/2019

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2018-2019.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2018-2019, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2018, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2018.

Durante o curso escolar 2018-2019 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Documentación a achegar

 

Solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o ano 2018/2019.

    O vindeiro 21 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2018/2019 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.

     O alumnado que no curso 2018/2019 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.

     O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.

Disque TV: Paso por primaria

Powered by Drupal - Design by artinet