O vindeiro venres 23 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2017/2018 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.
O alumnado que no curso 2017/2018 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.
O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.