Skip to Content

Uso non obrigatorio de máscara no centro

Como xa sabedes desde o mércores día 20 non é obrigario o uso de máscara nos centros educativos. De todas formas a consellería de educación de Galicia fai unha serie de recomendcións.

USO OBRIGATORIO

- No transporte escolar

USO RECOMENDABLE

- Persoal traballador do centro educativo.

- Alumnado do centro educativo.

- Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia. ◦ Persoas traballadoras. ◦ Visitas cando estean en zonas compartidas. 

- Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos.

 

Podedes consultalas con máis detalle no arquivo adxunto.

 

O director

Jorge Rodríguez Lorenzo

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos

Becas 2022-23 estudios postobigatorios

Becas 2022-23 para estudios postobligarios

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2022/2023

Está aberto o prazo de matricula para o curso que ben desde o día 1 ata o 21 de marzo. 

Pódese realizar a solicitude desde poderán realizar a solicitude de admisión a través da aplicación admisiónalumnado.

Ou pasando polo centro para facer a solicitude desde alí, para máis información podedes chamar o número do centro 988685040.

Casos Covid

Bos días, despois dunhas semanas con varios casos COVID-19, esta semana estamos sen casos.

Que diminuan os casos o sexan máis febles non quita que o virus continúa e segue sendo altamente contaxioso. Polo que continuaremos cas medidas de prevención como ata agora.

 

Un saúdo

O equipo directivo

 

 

Cambios no protocolo COVID e casos

Bo día, debido o crecente número de casos positivos no centro hai que seguir mantendo a precaución e manter as medidas, que están a funcionar.

A día de hoxe temos tres casos activos COVID. Todos eles por contaxios alleos ó centro. 

Recordamos que ante calquera síntoma complatible ca COVID-19 non asistir ó centro. E en caso de ser contacto dalgún positivo manter a precaución.

A consellería recentemente fixo modificacións no protoclo, polo que vos deixamos no arquivo adxunto un resumo da maneira de actuar do centro segundo as indicacións da consellería.

 

Un saúdo

 

O director

Entrega de notas 1ª avaliación

Bos días, debido a situación de casos COVID e para evitar maior problemática entregaremos as notas de maneira telemática.

Mañá día 17 de decembro publicaremos en abalar as notas de infantil e primaria ás 12:00. O alumnado levará unha copia dos boletíns para casa.

As notas do alumnado de secundaria estará dispoñible o martes día 21 ás 10:00 en abalar móbil. Tamén levarán unha copia dos boletíns para casa.

Podedes chamar durante estos días para falar cos titores e algún profesor se así o desexades.

O día 21 incluido é o último día de clase, onde realizaremos o sorteo das cestas de Nadal  para reacudar os cartos para excursión de 4ºESO.

 

 

Desde o claustro de profesores vos desexamos un bo nadal e un próspero ano novo.

Alta da aula pechada por COVID

Bo día. Despois da corentena gardada polo alumnado que estivo en contacto co positivo (10 días desde o último contacto co positivo). A aula pechada reabre con total normalidade despois de que todas as PCR foron negativas.   

 

Seguimos sen relaxar as medidas e con responsabilidade, para que o colexio siga sendo un lugar seguro.

 

Un saúdo

O director

Positivo COVID no centro

Bo día, informamos que temos un caso COVID no centro, que se contaxiou fora do centro, pero por precaución a aula de primaria correspondente foi pechada e posta en corentena.

O centro segue sendo un lugar seguro, aínda que debemos estar alerta ante calquera síntoma.

Recordamos a importancia de cumprir o protocolo e de seguir mantendo as medidas de seguridade. Os nen@s afectados seguirán traballando a distancia durante o período de corentena.

 

Un saúdo

 

O director

Casos Covid

Bo día, debido os casos que hai no concello de Padrenda faise necesario esta nota. A día de hoxe non hai ningún caso confirmado de Covid no centro, e moito menos algunha aula pechada, a pesar dos rumores que corren. Si que é certo que hai algún alumn@ confinad@ por estar en contacto con algún positivo.

O que pido é colaboración, responsabilidade e transparencia para poder atallar o problema se sé dera o caso.

Cando hai a mínima sospeita de ser positivo ou ter algún síntoma compatible debedes avisar o pediatra e non mandar o alumn@ ó centro. No caso de ser contacto estreito dun positivo tamén débese notificar ó médico e no caso dos alumn@s de infantil e primaria confinarse ata que se lles faga unha proba PCR.

Recordamos que proba PCR non é o mesmo que test de antíxenos. A PCR é moito máis fiable e a que contabiliza para declarar a un caso positivo ou negativo. Cando unha PCR é positiva sanidade notifícanos do contaxio e pídenos os contactos do centro, para poder atallar o problema e non se estenda o virus.

Por todo isto vos pedimos a vosa colaboración, é responsabilidade de todos que isto non vaia a máis.

Un saúdo

 O director

 

Jorge Rodíguez Lorenzo

Distribuir contido


by Dr. Radut