Skip to Content

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2020-2021

Adxuntamos as progrmacións didácticas de cada un das materias e departamentos para o curso 2020-2021 en infantil, primaria e secundaria.

Noticia COVID

Estimados pais e nais, a pesar da noticia do positivo por COVID dun/dunha alumn@ do centro, confirmamos que todo o alumnado e profesorado que estivo en contacto directo deu negativo na proba PCR realizada a finais da semana pasada.

Todos están ben, aínda que deben guardar cuarentena ata finais desta semana. O luns 28 voltarán o centro.

Queremos resaltar a importancia de cumprir todas as normas de hixene e seguridade que se están a seguir no centro, o que impediu unha propagación do virus.

Por iso queremos felicitar a todo o profesorado e persoal non docente que fixo esto posible. Ademais dos rapaces e rapazas que o están facendo moi ben.

Non podemos relaxarnos e pedimos os pais e nais que sigan colaborando para que desde a casa tamén se insista no cumprimento das normas.

 

Un saúdo 

O equipo COVID

Comunicado COVID

Estimadas familias, aínda que a maioría xa sabedes que hai

un caso dun alumn@ positivo confirmado por COVID,

procedeuse a activación do protocolo. Desde o día 16 por

precaución e orde da consellería de sanidade os alumn@s que

tiveron contacto directo, ademais dos profesores con maior

contacto ou de máis risco están confinados a espera de pasar

a proba PCR.

 

 

O/A alumn@ afectad@ xa viña contaxiad@ e non presentou

síntomas os días que asistiu ó centro. Ademais estanse a

tomar todas as medidas de seguridade e hixiene

recomendadas, polo que o contaxio é pouco probable.

Por todo isto queremos transmitir unha mensaxe de

tranquilidade e seguir co transcurso normal do curso.

Recordando que debemos seguir cumprindo todas as normas

de seguridade e hixiene para que o centro siga sendo un lugar

seguro.

 

Un saúdo

 

O equipo COVID

Rretrásase o inicio de curso aos días 23,24 e 25 de setembro na educación secundaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, en concreto aos días 23, 24 e 25 de setembro. A decisión foi consensuada coa Xunta Autonómica de Directores, nunha reunión celebrada esta mañá cos representantes dos centros de Secundaria xunto cos xefes da Inspección educativa nas catro provincias. A decisión do adiamento foi comunicada tamén aos representantes das familias e dos profesionais dos centros.

Desde o Centro recordamos que mantemos a reunión informativa para os pais e nais do inicio de curso para o martes día 15 ás 16:00 para educación secundaria.

Non haberá reunión cos titores, solo será para expoñer as novas normas durante este curso.

O inicio para secundaria queda da seguinte maneira:

- 1º e 2ºESO día 23

- 3º ESO día 24

-4º ESO día 25

 

Listaxe de libros que correponden do fondo a cada alumno de 3ºESO e 4ºESO

Bos días deixamos o listado do fondo libros que corresponde a cada alumno de 3ºESO e 4ºESO

Puntos da reunión do día 9 de setembro cos pais e nais de infantil e primaria

Boas tarde adxunto os documentos da reunión de hoxe as 16:00 cos pais de infantil e primaria.

Ademais do test que teñen que realizar os seus fillos diariamente e a declaración responsable de que se comprometen a elo, que terá que ser firmada e entregada o antes posible.

 

Un saúdo

Protocolos COVID 2020-2021

Adxunto os documentos COVID para o curso 2020-2021:

- Plan de Acollida 

- Plan de adaptación a situación do COVID

- ANEXOS 

- Plan de continxencia

- Protocolo de limpeza

- Protocolo da XUNTA

Fondo libros para 1ºESO e 2ºESO Listado definitivo

Comezo de curso 2020-2021

 

Ante as medidas extraordinarias a cumprir por

toda a comunidade educativa (alumnado,

profesorado, persoal non docente,pais e nais) para

este comezo de curso, parécenos imprenscindible 

facer unha reunión previa ó comezo de curso.

Todo o que non poda acudir a reunión terá toda a

información na páxina web o día 9 ó final do día. A

demora da data é para ter a maior información e

máis actualizada posible.

 

Reunión de Infantil e Primaria: Día 9 de

setembro as 16:00 horas no patio do colexio.

 

Reunión de Secundaria: Día 15 de setembro as

16:00 no patio do colexio.

 

 

Medidas para acudir á reunión:

- So asistirá como máximo un adulto por nen@.

- A entrada será pola porta principal e sairase ó patio onde teremos que manter a distancia de seguridade de 1,5 m.

- O uso da máscara será obrigatorio

- Haberá xel para a desinfección de mans no acceso da porta principal e a porta que vai ó patio.

- A saída para evitar aglomeracións será pola porta do patio por onde acceden os autobuses.

 

Según as recomendacións da consellería para

unha maior seguridade faremos unha

incorporación escalonada nos diferentes cursos

polo que as datas de comezo non serán as

mesmas para todos os cursos, a disposición será a

seguinte:

 

Día 10 comeza infantil e 1º e 2º de Primaria

 

Día 11 comeza 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

(Os cursos anteriores tamén acudirían este

día o centro)

 

Día 16 comeza 1º ESO e 2º ESO

 

Día 17 comeza 3º ESO

 

Día 18 comeza 4º ESO

 

Exames de setembro

Estimados pais e nais,

ante a gran incerteza do comezo de curso, desde o equipo directivo queremos transmitirlles tranquilidade. Estamos a traballar para que o comezo de curso sexa o máis seguro posible respectando as indicacións da consellería de educación e sanidade.

Estamos a realizar as adaptacións necesarias para que o día 10 estea todo listo para o comezo de curso. Un curso diferente, onde todos teremos que facer un esforzo para que o centro sexa un lugar seguro.

Antes do comezo de curso convocarase unha reunión para explicar os pais e nais todas as medidas (xa concretaremos data, lugar e forma de facelo para evitar aglomeracións e respectar a distancia de seguridade)

Adxuntamos os documentos cas indicacións para a realización dos exames de setembro e as datas dos memos

Distribuir contido


by Dr. Radut