Skip to Content

Listaxe definitiva de Fondo Libros da ESO

Relación de libros que serán entregados ao alumnado a comezo do curso. Os outros libros teñen que ser mecados polas familias.

Fondo de libros 2018/2019

Adxudicación de libros do fondo para o curso 2018/2019.

A listaxe definitiva da ESO sairá publicada a partir do 8 de setembro.

Libros de texto 2018/2019

Relación de libros de texto para o vindeiro curso

Fondo de libros ESO 2017/2018

Estas son as listaxes de libros que serán entregados ao alumnado da ESO.

Os libros que non figuran na listaxe deben ser adquiridos polas familias

Calendario Escolar 2017/2018

Fondo libros 2017/2018

Listaxe provisional de admitidos de Primaria.

Hai un prazo de reclamación de 5 días para os excluidos.

 

A aplicación que adxudica os libros non ten en conta o alumnado repetidor, polo que o centro fará os cambios necesarios para que os alumnos que repiten reciban os mesmos libros que devolveron.

Libros de texto 2017/2018

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O día 11 de Novembro, todos os alumnos do centro C.P.I Padrenda - Crespos celebraron o magosto no campo da Bandexa.

Foron camiñando e ao chegar prepararon os xogos populares e todo o demais.

A comida estivo exquisita e as castañas deliciosas!

Os xogos foron moi divertidos!

Os alumnos de 4º da ESO puxeron un bar para recadar diñeiro para a súa viaxe de fin de curso.

Fíxose tamén unha carreira solidaria onde cada persoa aportaba unha cantidade de diñeiro e corría, para así axudar aos nenos necesitados. 

  

Os xogos 

Os xogos comezaron cando todo o alumnado subiu ata o campo da Bandexa.

Despois de que os rapaces descansaran pola camiñada, fíxose a carreira benéfica e máis tarde comezaron os xogos.

Todos os foron montados polos alumnos de 3º da ESO que tamén se encargaron de explicalos cando os grupos de rapaces ían cambiando de xogos. Todo se fixo igual que nos anos anteriores.

Por cada xogo había unha ou dúas persoas encargadas de explicalo.

 

Algúns dos xogos foron os seguintes: 

O demo          

 

 

Os zancos                        

 

As cometas    

 

 

Saltar á corda   

 

 

A castaña       

 

 

 

Tiro ao cono         

 

 

Tirar da corda     

 

Despois dos xogos...

Despois de que os rapaces de todos os cursos acabaran de xogar aos xogos populares montados polos alumnos de 3º da ESO, foron comer a nosa comida típica de Magosto: empanada e bolo preñado.

Ao acabar de comer os nenos aproveitaron para xogar un rato máis cos xogos mentres se asaban as castañas e varios profesores e alumnos se poñían ao redor do profesor de música, Roberto, que nos tocou unhas cancións coa gaita.

Os alumnos xogaban e comían castañas asadas e intentaban pintar á maioría dos profesores, con éxito, por suposto.

 

Foi un magosto moi divertido onde todos os alumnos e profesores o pasaron ben.

 

 

Información xeral para o curso 2016/2017

No arquivo adxunto dispoñen de toda a información relacionada co centro: calendario escolar, entrega de notas e hora de atención a pais do profesorado

Fondo libros ESO 2016/2017

O alumnado de 1º e 3º da ESO coa axuda concedida ten dereito a recibir libros do fondo en función das existencias coas que conta o centro.

Para aqueles alumnos en que os libros existentes non son suficientes, o centro adquire libros ata completar un mínimo de entre catro e seis, en función da renda familiar.

Os libros que recibirán os alumnos son os que figuran nas listaxes.

A partir do luns 19 faremos entrega ao alumnado dos libros do fondo e informarémolos dos libros que teñen que mercar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut