Skip to Content

Localización

ONDE NOS ATOPAMOS?

O CPI Padrenda-Crespos está situado na localidade de San Roque de Crespos, concello de Padrenda. Limita ao norte con Pontedeva e Gomesende, ao sur con Portugal, ao leste con Quintela de Leirado e ao oeste con Crecente e Portugal. A extensión do concello é de 57 km2 e conta cunha poboación de 1.637 habitantes.

O territorio presenta un relevo moi accidentado, que cae en altitude de sur a norte. Na fronteira con Portugal alcanza os 1.227 m. de altura (Pena Rubia, na Serra do Leboreiro) e nos vales fluviais dos ríos Barxas, Deva e o mesmo Miño descende ata os 100 m.; altérnase así a paisaxe de montaña ao sur e de ribeira ao norte do concello.

Mapa de localización

Distribuir contido


by Dr. Radut