Skip to Content

Deportes

DEPORTE ESCOLAR

Durante o mes de abril de 2024, o noso alumnado participou en dúas xornadas de deporte escolar en Cartelle (fútbol-sala) e en Ramirás (bádmington).

En Cartelle, os alumnos e alumnas de 5º e 6º xogaron cos rapaces de A Valenzá e Entrimo.

E en Ramirás, participaron rapaces e rapazas de Primaria e da ESO pertencentes a diferentes colexios da comarca: O Ruxidoiro de Barbadás, San Marcos de Cartelle, Rogelio García Yañez de Ramirás, Curros Enriquez, Sagrado Corazón e Xoaquín Lorenzo de Celanova, Aquis Querquenis de Bande e Santa María A Real de Entrimo.

Un total de 137 rapaces e rapazas!

Parabéns a todos e todas e especialmente a Gabriel, Candela e Gabriela (2º ESO), Uxía e Daniel (3º ESO) e Juan (4º de Primaria) que conseguiron medallas!

 

 

XOGOS POPULARES NO COLE

O martes 5 de marzo de 2024, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participaron nunha xornada de xogos populares organizada pola asociación XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade Escolar).

O responsable da actividade, Lito, ensinoulles distintos xogos tradicionais da nosa provincia como por exemplo: a porca (ou pino), o chourizo envelenado, o submarino e o cazador

Foi unha mañá moi entretida onde a rapazada coñeceu un pouco máis das tradicións da súa contorna.

ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES

O alumnado da materia de Proxecto Competencial (dentro do Plan de actividades Proxecta+ de voluntariado) vai dirixir sesións de actividade física con persoas maiores da zona na súa hora de clase nas instalacións do CPI: 

- Xoves: de  14:55 - 15:35

- Venres: de 10:30 - 11:20 

             e de 12:35 - 13:25

 Consiste nunha actividade gratuíta na que se pretende establecer relacións entre os estudantes e a veciñanza, á vez que se trata de mellorar a calidade de vida das persoas que asistan.

Na primeira sesión farase unha avaliación inicial da condición física e nas seguintes realizaranse exercicios e xogos para mellorala.

Para participar, hai que chamar ao centro (988 68 50 40) e deixar un teléfono de contacto.

Animádevos!

 

DEMOSTRACIÓN DE LOITA NO COLE

O venres 3 de novembro pola mañá, Juan, o monitor de Loita das actividades extraescolares do cole, fíxonos unha pequena demostración deste deporte!

O alumnado de Primaria participou activamente na actividade! Quedaron todos moi contentos!

Así que animádevos e anotádevos á actividade pedindo máis información á ANPA do centro! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut