Skip to Content

Asignación de libros primaria curso 2020/21

Cheques de material e axuda para libros

Xa están dispoñibles os cheques do material para os cursos de infantil, primaria e 1º ESO para o curso que vén. E axuda para libros para o alumnado destes cursos con NEAE e os cursos que non teñen fondo libros.

Podedes vir ó centro ata o día 8 de Xullo a recollelos en horario de 10:00 a 13:00. En caso de non recollelo neste periodo, pódese recoller en setembro a partir do día 1.

Exames de setembro curso 2019/2020

Xa están dispoñibles as datas dos exames de setembro.

Listado de libros curso 2020/2021

A nosa homenaxe ás familias. Hoxe os protagonistas sodes vós! Familias queremos darvos as grazas por implicarvos e axudarnos tanto durante estes meses. Por iso queremos decirvos: Parabéns familias!

Información importante para o peche do curso 19/20

Bos días, adxuntamos o documento con información importante para o peche do curso 2019/20.

Listaxe definitiva admisión 2019/20

Avisos importantes: Fondo libros, recollida de material e optativas ESO curso 20/21

Boas tardes deixamos os seguintes avisos que veñen máis especificados nos documentos adxuntos:

 

1. Apertura de plazo da solicitude de fondo libros. Desde onte día 20 pódese solicitar vía telmática o fondo libros, a partir do luns 25 pódese facer de maneira presencial no centro en horario de 10:00 a 13:00. Aconsellamos levar cubertos da casa os Anexos adxuntos e levar a documentación necesaria.

 

2. As familias poden aproveitar para recoller o material dos seus fillos deste curso (libretas, libros...) e preparar os libros de préstamo para devolvelos a partir do primaria desde o día 15 de xuño, secundaria a partir do 17 de xuño (non entregar os libros das materias supensas)

 

3. Elección de optativas para o alumnado que cursará 1ºESO, 2ºESO, 3ºESO ou 4ºESO o curso que ven. E pago do seguro escolar en 3º e 4º da ESO. Deixamos adxunto o documento para cubrir, onde deben elexir as optativas para o vindeiro curso.

 

4. Medidas de seguridade para a asistencia ó centro. Para respectar os protocolos ditados polas autoridades sanitarias, só poderán acudir ao Centro un máximo de dous membros da mesma familia. Deberán levar máscaras e lavar as mans co xel de mans dispoñible na entrada do colexio. 

 

Información ás familias sobre o 3º tirmestre e o final de curso

Debido as circunstancias especiais que estamos a vivir, con clases a distancia, vémonos obrigados a modificar as programacións de principio de curso e a forma de valorar.

A continuación adxuntamos as modificacións das programacións de todos os cursos e materias. Prestade especial atención na forma de avaliar e obter a cualificación final.

 

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

A partir do luns 11 de maio restablécese o prazo de presentación de admisión de alumnado do 2º ciclo de infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria para o curso 2020/2021. So matriculas novas.

O noso centro permanecerá aberto para tramitar as solicitudes de matricula, co persoal mínimo indispensable en horario de 10:00 a 13:00.

O prazo remata o 18 de maio.

 

Para calquera dúbida podedes chamar o teléfono do centro en horario de mañá

988 68 50 40

Distribuir contido


by Dr. Radut