Skip to Content

TEATRO NAS AULAS

Parabéns ao alumnado de 2º da ESO pola súa participación na obra de teatro de Castelao "Os vellos non deben namorarse" na clase de Lingua galega! 

Animádevos a descubrir máis obras da nosa literatura na biblioteca do centro!

 

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR 2023/2024

Está a vosa disposición o modelo de autodeclaración para a solicitude do servizo de comedor para o próximo curso 2023/2024.

Recordamos que o prazo para entregalo en secretaría remata o día 11 de setembro de 2023.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES COMEDOR 2023-2024

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Relación dos libros de texto e material didáctico para o curso 2023/2024.

FONDO LIBROS 2023/2024

Xa están publicadas no taboleiro interior de secretaría as listaxes do fondo de libros.

Podedes acudir ao centro  consultar as listaxes ou chamar por teléfono de 9:30 ás 13:30 ata o día venres 14 de xullo.

Nota fin de curso

Adxuntamos a nota das actividades e entrega de notas dos últimos días do curso.

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2023/2024.

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2023/2024.

Non te esquezas de nós e ven coñecernos!

Contamos con:

  • Novas instalacións con multitude de espazos (aula sensorial, rocódromo, taller de tecnoloxía e educación artística, aula de música, aula de psicomotricidade, laboratorio, aula de informática, aula de inglés...).

  • Unha biblioteca renovada con espazos creativos (robótica, costura, creación de chapas...), asentos informais, ordenadores, xogos de habilidade mental e unha ampla colección de libros de consulta e ficción. A biblioteca é o centro de referencia da aprendizaxe do alumnado (enlace ao blog: https://bibliopadrenda.blogspot.com/ ).

  • Pouco alumnado nas aulas o que nos permite unha atención educativa máis personalizada.

  • Un departamento de orientación con especialistas en psicoloxía, psicopedagoxía e pedagoxía terapéutica.

  • Aulas de educación especial en primaria e secundaria.

  • Comedor con cociñeiras e transporte escolar que accede directamente ao interior do patio.

  • Ao ser un CPI existe continuidade no proceso formativo dende infantil ata a ESO, no mesmo edificio, nun ambiente familiar e seguro.

  • Un profesorado implicado que traballa en equipo para a mellora e dinamización do centro e o proceso de ensino-aprendizaxe.

  • A potenciación do deporte durante todo o curso, tanto ao aire libre coma no pavillón, e con distintas saídas programadas dende o departamento de Educación Física (campionatos de fútbol e bádminton, andainas, campo a través...). Asemade, participamos no programa Xogade que da a oportunidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.

  • Un entorno idílico, no medio dunha paraxe natural, que permite unha educación medio ambiental contextualizada.

  • A participación en numerosos proxectos innovadores da Xunta e outros desenvoltos dende o centro coma poden ser:

    • Club de Ciencias: con actividades de robótica e experimentos científicos dentro do horario lectivo (enlace ao blog: https://clubdecienciaspadrenda.blogspot.com/?m=1 ).

    • ABN: empregado de forma complementaria ao método tradicional para unha mellor comprensión das matemáticas.

    • Programa de Habilidades Sociais: desenvólvese a través da titoría e procura unha mellor intelixencia emocional no alumnado.

    • PLAMBE: o seu obxectivo é a mellora progresiva da biblioteca do centro.

    • Eduexchanges: proxecto que busca a colaboración con outros sistemas educativos de países europeos para intercambios telemáticos co alumnado de alí. Realízase a partir da plataforma europea eTwinning. O pasado curso realizamos un intercambio con Letonia, e este curso grazas ao noso labor recibimos un selo de Calidade eTwinning pola súa excelencia (enlace ao blog do noso proxecto: https://rootsofeuropelatviagalicia.blogspot.com/ )

 

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2023/2024.

Aberto o prazo de reserva de praza para o curso que vén o alumnado de novo ingreso no centro

Desde hoxe día 1 de marzo está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de novo ingreso no centro para o curso qe vén. Tedes de prazo ata o día 20 de marzo.

Selo de calidade eTwinning

Este ano temos o recoñecemento de centro con selo de calidade eTwinning pola súa excelencia debido o proxecto de intercambio virtual realizado desde o curso pasado.

Selo de calidade eTwinning

Día internacional da eliminación da violencia de xénero

Unha Haka é unha danza guerreira dunha tribu neozelandesa que se usaba no campo de batalla e cando os grupos se reunían en paz. Esta é unha demostración de orgullo, forza e unidade dunha tribu. Por esta razón, imitando aos compañeiros do IES de Becerreá, hoxe vos mostramos esta Haka como apoio a todas as vítimas de violencia de xénero e ao colectivo feminista.

Distribuir contido


by Dr. Radut