Skip to Content

CROSS EN MUÍÑOS

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS EN MUÍÑOS

O martes 21 de novembro de 2023, os rapaces e rapazas desde 2º de Primaria ata 3º da ESO participaron na primeira xornada de deporte escolar deste curso.

Parabéns a todos e todas, especialmente a:

- Rubén (1º da ESO), subcampión, Infantil masculino

- Uxía (3º da ESO), subcampioa, por equipos, feminino

- Rubén (2º da ESO), subcampión, por equipos, masculino.

 

    

 

RECOLLIDA SOLIDARIA

127 QUILOS!

É a cantidade de alimentos e de produtos de hixiene que, grazas á vosa participación e xenerosidade, se recolleu no cole para a organización Cáritas do Ribeiro.

CHARLA PARA A ESO

O xoves 9 de novembro de 2023, Manuel Rivas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) animou un obradoiro para o alumnado da ESO sobre o uso correcto de distintas  aplicacións e os perigos dos perfís nas redes sociais. 

MAGOSTO 2023

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto no centro: menú especial no comedor con bolos preñados, empanada e castañas. E pola tarde, xogos populares no pavillón! Un día moi festeiro!

 

 

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

 

Aclaración da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado.

DEMOSTRACIÓN DE LOITA NO COLE

O venres 3 de novembro pola mañá, Juan, o monitor de Loita das actividades extraescolares do cole, fíxonos unha pequena demostración deste deporte!

O alumnado de Primaria participou activamente na actividade! Quedaron todos moi contentos!

Así que animádevos e anotádevos á actividade pedindo máis información á ANPA do centro! 

 

VOLVE O CLUB DE CIENCIAS

Xa retomamos as actividades do Club de Ciencias! Podedes ver todos os nosos experimentos no noso Blog (accesible nesta mesma páxina, a dereita)! Este mes empezamos coa forza do magnetismo! E coma sempre, diversión asegurada!!!!

XORNALISTAS POR UN DÍA

VISITA AOS ESTUDIOS DE TELEMIÑO

(OURENSE)

Hoxe, xoves 2 de novembro, os rapaces e rapazas de 5º-6º e da ESO, transformáronse en verdadeiros periodistas no plató da televisión local, Telemiño.

Participaron nunhas entrevistas, asistiron a gravación en directo dun boletín metereolóxico, atenderon ás explicacións do enxeñeiro do son e por último visitaron o plató do programa de cociña "Estache bo!"

 

 

 

 

SAMAÍN 2023

CHEGOU O SAMAÍN EN PADRENDA! 

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no cole! Decoramos a biblioteca, os corredores e unha morea de cabazas que levamos á Praza de San Roque pola tarde. Alí, os rapaces e rapazas da ESO así como o alumnado de 3º e 4º de Primaria leron historias de medo!

 

DÍA DA SAÚDE MENTAL

O día 10 de outubro conmemoramos

o día da saúde mental.

Ese día, o noso alumnado escribiu os seus medos para despois crear este fermoso mural no que queremos mostrar que todos e todas temos medos semellantes e que se nos unimos resulta moito máis sinxelo afrontalos.

Non podemos esquecer que:

non hai saúde, sen saúde mental.

Distribuir contido


by Dr. Radut