Skip to Content

Aumento no cheque de material

Bo día, todos os que teñades dereito a cheque de material e xa recollestes no centro no mes de setembro , a consellería aumentou a cantidade a 25 € máis. Polo que podedes vir a recollelo a partir de hoxe día 17 de outubro na secretaría do centro.

 

Un saúdo

 

A dirección

Aviso festivo local día 7 de outubro

Recordamos que mañá día 7 de outubro o centro permanecerá pechado por ser festivo local.

 

O equipo directivo

Día festivo Padrenda

Recordamos que mañá día 16 o centro permanecerá pechado por ser festivo local.

 

Adxuntamos o calendario escolar con todas as estividades deste curso 2022/23.

 

 

Un saúdo

 

O director

Presentación inicio de curso 2022/2023

O próximo día 8 de setembro comezan as clases en todas as etapas educativas. Este primeiro día haberá unha pequena presentación cas novidades para este curso 2022/23. Ás 9:00, unha vez que cheguen os autobuses dividirémonos nos dous patios. No patio cuberto estará infantil e primaria onde agardarán a presentación e no patio descuberto será a presentación de secundaria.

Se alguén non pode asistir será informado nos vindeiros días das novidades.

 

Atentamente

 

O equipo directivo

Listaxe definitivo de fondo libros 2022/23

Bo día, xa está dispoñible no taboleiro interior do centro o listado do fondo libros para o vindeiro curso. Ademais dos libros que lle corresponden a cada alumn@.

Tamén os cheques de material para o curso 2022/23. Podedes vir a recollelos o centro desde hoxe ata o día 8 de de xullo de 9:30 a 13:30.

Calquera dúbida podedes chamor o número do centro 988685040.

 

Listado de libros curso 2022/2023

Adxunto o listado de libros para o curso 2022/23. 

Ademais xa está publicado no taboleiro interior do centro a listaxe de admitidos no fondo libros para o vindeiro curso. Cos libros que lle corresponde a cada alumn@.

Recordade esperar a asiganción definitiva de libros do fondo antes de mercalos.

 

 

Solicitude comedor curso 2022/2023 e Colaboradores

Bo día, xa está dispoñible o impreso de solicitude de comedor para o vindeiro curso 2022/23. Adxuntamos o impreso.

Podedes vir a entregalo ou solicitalo estes días ó centro que estará aberto no mes de xullo de 9:30 a 13:30 ata o día 8 de xullo inclusive.

O prazo límite será o 7 de setembro.

 

Ademais está aberto o prazo de colaboradores de comedor para o curso que vén, calquera pai/nai/ titor legal que lle interese, ten que pasar pola secretaría do centro antes do 7 de setembro.

O curso que vén o comedor será antendido de forma combinada entre profesores e pais/nais/titores legais.

Cambio de horario xuño

Recordamos que a partir de mañá día 1 de xuño, o horario de centro será o seguinte:

De 09:00 a 15:00 con comedor.

Sen comedor a saída será ás 14:00 en primaria e as 14:10 en secundaria.

 

Un saúdo

 

O equipo directivo.

Listaxe definitivo de alumnos admitidos para o curso 2022/23

Bo día, xa está colgado no taboleiro do centro a listaxe de alumnado admitido para o curso 2022/23.

 

O director

Admisión alumnado curso 2022/2023

Todas as solicitudes presentadas no centro para o curso que vén forón admitidas. Nos próximos días publicaremos no taboleiro do centro a listaxe definitiva dos alumnos admitidos.

 

Un saúdo

 

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut